InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOActivada a alerta na comarca coruñesa pola escaseza de auga no encoro...

Activada a alerta na comarca coruñesa pola escaseza de auga no encoro de Cecebre

Publicada o

Por europapress

A Xunta activou, este mércores, a declaración de situación de alerta por escaseza de auga no sistema de abastecemento do río Mero, Arteixo e ría da Coruña.

Segundo informou o Executivo autonómico, esta medida, de carácter preventivo, tomouna tendo en conta a evolución das reservas do encoro de Cecebre, cunha ocupación actual do 46,95%, que “reflicte unha anomalía” con respecto aos seus valores medios.

Con todo, “aínda que a situación é preocupante”, ante a incerteza na evolución do volume do embalsado en Cecebre para as próximas semanas e na capacidade da Coruña e o entrono para diminuír as súas demandas, “non é alarmante a curto prazo” desde o punto de vista do abastecemento que se serve dese sistema.

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira, participan na reunión da Oficina Técnica da Seca.
A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, e o xerente da entidade, Gonzalo Mosqueira, participan na reunión da Oficina Técnica da Seca.

Mantéñense outras zonas

Na reunión confirmouse o mantemento da situación de prealerta ou escaseza moderada dos sistemas do río Anllóns, costa da Coruña ata o límite de Arteixo; río Grande, ría de Camariñas e Costa da Coruña ata o río Anllóns; así como no río Lérez e ría de Pontevedra.

Tamén se confirmou o mantemento da activación da situación de seca prolongada, que mide fundamentalmente as precipitacións rexistradas, nos sistemas de explotación do río Medo a Ferrol, e do río Mera á ría de Ribadeo.

A situación do resto dos sistemas de abastecemento da demarcación de competencia autonómica teñen nivel de normalidade. A ocupación actual dos encoros de abastecemento de Galicia-Costa é do 65,94%, case seis puntos por encima da ocupación do mesmo período do ano 2022.

ÚLTIMAS

Unha moza de 20 anos ebria bate contra un muro co coche no paseo marítimo da Coruña e tenta fuxir a pé

Unha moza de 20 anos de idade que deu positivo en alcolemia bateu na...

O PP da Coruña ultima a súa romaría do Pino coa vista posta nas municipais de 2027

O PP provincial da Coruña prepara a oitava edición da súa romaría do Pino,...

Rescatado un home de 48 anos tras sufrir unha caída nas rochas na praia dos Mouros

Un home de 48 anos de idade foi rescatado este sábado tras caer nunha...

O seguimento masivo da folga do comercio e da alimentación: “Hoxe non se compra”

O persoal do comercio de alimentación da provincia da Coruña respondeu con forza á...