InicioDEPORTESA Canonización de Idiákez

A Canonización de Idiákez

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 6 – Fuenlabrada 2 – Depor 1
  • Primeira derrota do Dépor na presenta tempada. Víase vir.
  • Sexto partido de Imanol Idiakez como adestrador do Depor en partido oficial (1V 4E 1D)

——-

Chegou a primeira derrota da tempada para o Depor da maneira máis inesperada posible. Non por isto deixou de ser merecida, porque xa levaba o equipo unha racha negativa nos últimos tres partidos. Mais erros cometidos en Fuenlabrada que se suman os das pasadas xornadas.

Erros de cara ó gol, erros clamorosos na defensa, erros por todas partes.

Xoga o Dépor con fogo, pois estamos a falar xa de remontadas, de trocar a situación, darlle a volta na xornada sete, expresións todas elas xa coñecidas no club que nunca remataron nun ascenso. Recordou o Depor ao equipo visitante vulgar, frouxo no choque, débil nas marcas, desconectado da competición, que tanto recorda aos “méritos” de Oscar Cano da tempada pasada. Temos antes nos a transformación do Depor de Idiakez no Depor de Cano. Difícil, pero certo.

A Imanol Idiákez quédanlle dous partidos de marxe, pode que tres, porque parece un tipo razoable, de trato amable e que cae ben dentro do consello de administración. Unha derrota contra o Celta Fortuna na fin de semana próxima, aceleraría a súa destitución. Custa crer que en seis partidos o equipo xa perda a comba do liderato e dos postos altos, cunha diferencia de nove puntos de dezaoito xogados. O Depor xa esgotou o marxe de erro. Difícil crer que esteamos de novo vivindo un deja vú da etapa de Cano.

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR

ÚLTIMAS

Sindicatos galegos do transporte piden mediación para “desbloquear” o conflito na provincia da Coruña

CIG, UXT e CCOO decidiron solicitar unha mediación no Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos...

A pesca de baixura realizará o luns unha manifestacion marítima e por terra no Parrote

Arrinca hoxe (oficialmente o luns 19) a nova folga indefinida da parque de baixura...

Elementos franquistas continúan na Coruña, denuncia a Comisión pola Memoria que pide a súa retirada inmediata

A Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña denunciou o incumprimento das Leis...

Ferido grave un traballador nun accidente laboral en Navantia Fene

Un traballador da empresa auxiliar Irluc, con sede central en Huelva, resultou ferido grave...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here