InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA Xunta delega en Emalcsa a definición dun posible transvasamento desde As...

A Xunta delega en Emalcsa a definición dun posible transvasamento desde As Encrobas

Publicada o

Por europapress

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade delegou na Empresa Municipal de Augas de Galicia (Emalcsa) a definición dun posible transvasamento de auga desde o lago das Encrobas ata o encoro de Cecebre.

Nun comunicado, e en relación ao posicionamento do goberno local a este respecto, o departamento autonómico indica que “o titular do sistema de abastecemento da Coruña é o Concello, que o xestiona a través Emalcsa”.

Ademais, afirma que na reunión celebrada o pasado 6 de outubro, Augas de Galicia informou a todos os concellos da situación do sistema de abastecemento que provocou a declaración do estado de alerta por parte da Oficina Técnica da Seca.

“Nesa reunión, Emalcsa, de acordo con Augas de Galicia e todos os concellos participantes, trasladou que estaba preparada para realizar un bombeo e auga procedente do lago das Encrobas ata o encoro de Cecebre”.

“Trátase dunha medida exposta polo titular do sistema de abastecemento como actuación de emerxencia ante a situación de seca”. “Correspóndelle ao titular do sistema definir tecnicamente, financiar e executar a medida, coa preceptiva autorización de Augas de Galicia, como responsable da protección do Dominio Público Hidráulico”, sostén a Xunta.

Máis novas

A Coruña ve “garantido” o abastecemento de auga e descarta restricións

Declaran en Alerta Severa por seca as zonas do Anllóns e da Costa da Coruña

ÚLTIMAS

O polémico proceso de concesión da Rede de Escolas Infantís vive un novo fito coa exclusión dunha das empresas gañadoras

Novo fito no polémico e paralizado proceso de concesión da xestión das Escola Infantís...

A CIG denuncia unha agresión sexual a unha empregada do SAF de Arteixo e o Concello confirma activación do protocolo

O sindicato CIG denunciou este venres unha agresión sexual a unha traballadora do Servizo...

As familias do CEIP Cidade Vella comezan unha nova serie de mobilizacións pola seguridade no centro

As familias do CEIP Cidade Vella volveron este venres a concentrarse diante do centro,...

SKPMotor analiza a polémica sobre o gañador do Campionato Galego de Slalom

Novo programa da 14ª temporada do programa SKPMotor na CUAC FM. O programa, que se...