InicioCULLEREDOAs familias do Conservatorio do Burgo volven cargar contra o Concello de...

As familias do Conservatorio do Burgo volven cargar contra o Concello de Culleredo pola “desatención” do centro

Publicada o

Por editor

Despois dun curso pasado practicamente enteiro de mobilizacións, as familias do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo volven protestar. “Logo da situación de desatención do curso pasado que obrigou ás familias a mobilizarse e manifestarse todos os mércores dende febreiro a maio de 2023 e tamén os domingos no feirón, atopámonos novamente na mesma situación: sen 5 profesores e o alumnado desatendido”, denuncian.

A ANPA do centro volve pedir “protesores, xa!” porque neste comezo de curso faltan 5 profesores para desenvolver a actividade normal. “Sentínomos desamparados polo Concello de Culleredo”, sinalan denunciando a “desatención, a falta de respecto e a deixadez coa que o Concello volve a tratar a todas as persoas afectadas pola súa ineficacia e desinterese pola resolución das problemáticas de xestión de persoal que levamos padecendo durante moitos anos”.

Aseguran que neste comezo de curso, houbo un retraso no comezo do mesmo e faltan 5 profesores (1 docente de frauta, 1 docente de guitarra e 3 docentes de piano). Relatan que o Concello lle comunicaba á ANPA que finalizara o proceso de selección para cobertura temporal de postos vacantes o pasado 4 de outubro, pero “20 días despois, non se formalizaron os contratos para que estes profesionais comecen a traballar e dar as clases”.

As familias teñen en conta que a falta de profesorado incide na “sobrecarga de traballo no resto persoal docente do centro”. “A que esperan para formalizar os contratos?” pregúntase a ANPA, que deixa claro que teñen a pancarta preparada para volver á rúa.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here