InicioBARRIOSO #trucooutrato, o novo entroido de Monte Alto

O #trucooutrato, o novo entroido de Monte Alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Está aumentando a impronta do Samaín/Haloween na cidade nos últimos anos. O traballo nas escolas por rescatar o Samaín máis tradicional, e o esforzo do comercio local por aproveitar o truco ou trato máis ianqui, combinan á perfección para que moitos barrios saian á rúa na tarde-noite do 31 de outubro, na previa do día de Defuntos. O de Monte Alto é un dos máis soados, e ademais das familias do barrio, houbou moita xente que se achegou doutras zonas da cidade para comprobalo.

Este ano, ademais a tregua entre borrasca e borrasca permitiu pasar unha tarde cos disfraces impolutos e mesmo sen frío, para encher as cabazas de plástico de “chuches”. Os clásicos esqueletos, as caretas de medo… mesturábanse cos Harry Poters ou coas viuvas que choraban aos seus defuntos con gran elegancia.

Os grupos de whastapp escolares botaban fume durante a mañá para quedar ao comezo da ruta, e poder ir cos amigos de recolleita. O ambiente, entre as 17:00 e as 21:00h nas rúas Hércules e Rúa da Torre era de auténtico entroido, gracias ás dúas rutas que artellaron as Asociacións de Comerciantes. Os Kilomberos de Monte Alto poñían a música para pechar o círculo festexeiro.

SAmain en Monte Alto

O Concello volveu pechar só un anaco a rúa da Torre, pero a moita xente demanda que se pechen as dúas rúas ao completo. De feito, producíronse atascos serios, provocando que mesmo se tivese que estar esperando máis de 20 minutos por unha ambulancia atascada.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here