InicioMOV. SOCIAISA Coruña volveu berrar contra o xenocidio palestino

A Coruña volveu berrar contra o xenocidio palestino

Publicada o

Por editor

Ata 24 vilas galegas saíron a rúa, unha noite máis, para demostrar a súa solidariedade co pobo palestino. Centos de persoas encheron o Obelisco para secundar unha nova mobilización co lema «Paremos o Xenocidio. Galiza con Palestina», convocada polos colectivos  BDS Galiza, Mar de Lumes, Galiza por Palestina emais a Asociación Galaico Árabe Jeni.

“Aquí, a 4000 km da cidade de Gaza, saímos ás rúas porque nos doe Palestina, mais tamén porque, facéndoo, nos negamos a normalizar a barbarie e recoñecemos a nosa responsabilidade”, sinalaba o manifesto.

Galicia con Palestina Foto-David Soto
Foto-David Soto

Con 10.000 vítimas xa no bando palestino, entre eles milleiros de nenos, a sociedade pregúntase que máis é necesario para que a comunidade internacional actúe, medie. “É responsabilidade nosa denunciarmos a complicidade dos nosos gobernos, en particular o goberno español e a Unión Europea, co estado terrorista de Israel, e tamén o vergoñento papel da Xunta de Galiza, que xoga a ser irrelevante para todo e que neste conflito se inhibe de maneira descarada, o que, na práctica, significa poñerse do lado de Israel”, denunciaron os manifestos”.

“Exiximos é o fin do masacre e políticas decididas a terminar de verdade coa ocupación.
Non aceptamos que as accións diplomáticas se limiten a condenar quen resiste e se nega a morrer en silencio, e a pedir a Israel que se comporte. O sionismo xa ten demostrado que non se importa coas regras do mundo, porque se proclama impune: leva violado 62 resolucións das Nacións Unidas até hoxe, sen ter enfrontado nunca consecuencia ningunha.
Tampouco aceptamos a indignante proposta española de conversas de paz para de aquí a 6 meses. En 6 meses o xenocidio perpetrado por Israel terá deixado millares de vítimas mortais máis, e pode moi ben acabar desembocando nunha guerra rexional”.

Propostas

Ofrecen propostas para a sociedade:

  • Debemos acudir, como hoxe facemos, ás convocatorias das organizacións de solidariedade. Mais tamén debemos involucrarnos no noso día a día”.
  • Podemos boicotear os produtos israelitas que se venden no noso país. É doado atopar empresas, algunhas mundialmente coñecidas, que colaboran abertamente coa ocupación.
  • Podemos exixir ás empresas nas que traballamos que paren os seus investimentos e negocios con Israel.
  • Podemos exixir ás universidades galegas que cancelen os programas conxuntos coas universidades sionistas, e aos concellos galegos que teñen acordos con Israel feitos pasar como iniciativas culturais que fagan o mesmo.
  • Podemos exixir á grande prensa que deixe de equiparar o agresor e o agredido.
  • E sobre todo podemos exixir aos nosos gobernos que apliquen contra o estado de Israel e contra os seus líderes as sancións que tan alegremente aplican contra outros estados incómodos por calquera motivo.

Máis mobilizacións

Anuncian que o vindeiro luns 13 haberá novas accións de solidariedade que se presentarán en breve.
Ademais, o día 8, hai cita reivindicativa nas Universidades do país.

 

MÁIS NOVAS

 

ÚLTIMAS

Homenaxe do PPdeG a Luísa Villalta coa presenza da nai, a irmá e un sobriño

O PPdeG celebrou este sábado un acto na Coruña polas Letras Galegas no que reivindicou...

Sabías que Pablo Picasso se estreou como retratista na Coruña?

Pablo Ruiz Picasso era un neno de 9 anos cando chegou á Coruña, aló...

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here