InicioSUCESOSO xuíz aprecia "aleivosía e asañamento" na morte de Samuel e aprecia...

O xuíz aprecia “aleivosía e asañamento” na morte de Samuel e aprecia discriminación sexual

Publicada o

Por editor
O Xulgado de Instrución nº8 da Coruña finalizou a instrución do caso Samuel e abre xuízo oral contra cinco persoas por un delito de asasinato, ao apreciar as circunstancias agravantes de aleivosía e asañamento. O xuíz considera que existen indicios suficientes para sentar no banco dos acusados aos cinco en concepto de coautores. Ademais, no caso de dous deles, o home e a muller con quen primeiro se atopou a vítima, considera que existe a agravante de discriminación por condición sexual. Outro dos investigados será xulgado, amais de polo delito de asasinato, polo de roubo con violencia. No caso, que se xulgará con xurado popular, están persoadas, ademais da Fiscalía e das defensas, unha acusación particular e outra popular.
O xuíz relata no seu auto como no primeiro momento dous dos acusados “co propósito de causar o falecemento” da vítima, e en todo caso “sendo conscientes” de que os seus actos podían causar o fatal desenlace ou “admitindo o risco que iso comportaba” déronlle patadas e puñada na faciana e na testa, mentres a muller acusada no procedemento, “en unidade de actuación do ataque “, tratou de evitar que o posteriormente falecido fora auxiliado por unha amiga. Segundo todas as acusacións, en pouco tempo uníronse á agresión  outros dous varóns que tamén serán xulgados, ademais de dous menores de idade no momento dos feitos que xa foron condenados por un delito de asasinato.
Segundo sostén o xuíz instrutor no seu auto, “nese escenario, a vítima atopábase rodeada e golpeada, inerme, a mercé e vontade do seu grupo de agresores, en clara situación de inferioridade e desamparo, sen posibilidade algunha de defensa”.
DISCRIMINACIÓN POLA CONDICIÓN SEXUAL
Todas as acusacións solicitan para os dous acusados que consideran que actuaron coa agravante de discriminación pola condición sexual da vítima 25 anos de prisión, e 22 para o resto dos procesados. A isto habería que sumar os 5 anos que solicitan para o acusado do roubo con violencia do móbil do falecido.
Aínda que as detencións se produciron ao pouco dos feitos, a instrución do caso foi complexa, entre outros aspectos, polas comisións rogatorias que foi necesario enviar a Estados Unidos para poder acceder ao contido das contas en redes sociais e aplicacións similares dos sospeitosos. Unha vez finalizada a instrución do caso, está previsto que o xuízo se celebre na Audiencia Provincial da Coruña antes do verán. Polo momento, a situación persoal dos procesados non variará: tres deles seguirán en prisión e dous en liberdade.

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here