InicioBARRIOSANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo...

ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Retomamos a serie de entrevistas coas Asociacións de Nais e Pais dos centros educativos da nosa cidade, para poñer en valor o seu traballo voluntario, pero tamén para denunciar a orfandade na que se atopan. Servizos tan fundamentais para as familias como madrugadores, comedor e extraescolares dependen da vontade das familias que se atreven a formar parte das ANPAS, a pesar das incomprensión e da máxima esixencia de boa parte da comunidade escolar, e da falta de apoio por parte das administracións.

Porque a conciliación non pode depender dun sistema público que só se ocupa das crianzas de 9:00h a 14:00h, 5 horas que non permiten ter un traballo de verdade, tendo que acodir na meirande parte dos casos a eses servizos que deberían ser xestionados dende os estes públicos, e non depender da vontade, do tempo, das familias.

Xa temos visitado o barrio de Monelos, para falar coas familias do CEIP Salgado Torres; estivemos en Monte Alto conversando coa comunidade escolar do CEIP Torre de Hércules emais coa ANPA Faro do Víctor López Seoane; tivemos unha máis que interesante entrevista coa ANPA Rasa do CEIP Ramón de la Sagra, en Monelos, ou a ANPA Sardiñeira.

Hoxe facemos parada no oasis do CEIP San Pedro de Visma, un verxel de natureza. Da problemática urbanística xa falaremos a vindeira semana, pero hoxe queremos seguir analizando esa orfandade das ANPAS con Arantza Sánchez, que xa leva case 10 anos formando parte da mesma. “Levo moito tempo, sempre vendo que imos a peor, con cada vez máis responsabulidades e á vez máis esixencias”, explica con rabia.

Hortas do CEIP San Pedro de Visma
Hortas no verxel do CEIP
  • Cantas persoas estades na ANPA?

Pois este ano somos 5 persoas, o tope, non conseguimos máis. Pero hai persoas novas no cole e e difícil que se adapten e que aprendan todos os procedementos polo que a carga principai recae en 2 ou 3. Este ano para nós foi unha tolemia. Pasamos de 100 a 160 becas de comedor, e xestionalas todos é tremendo. E aínda por riba nos vén a xunta poñendo esixencias, dicindo que non podemos cobrar unha cota anual, de 20 euros…

Eu pido vacacións en setembro para xestionar todo isto

  • Como lle facemos chegar ás familias todo o traballo voluntario que hai detrás

Nós imos comezar publicar todos os traballos na web, como fan outras ANPAS; todo o que aportamos ao cole, e todo. Temos unha listas de difusión do Telegram e contamos co apoio de dirección de Abalar, pero ao final as familias casi protestan máis que agradecen.

  • Pensades que vos corresponden ás competencias de organización de comedor e actividades extraescolares? Non é un proceso de privatización o feito de termos que contratar empresas para o catering?

Que veñan funcionarios da Xunta e vexan o traballo que hai, e como loitamos ano tras ano para que saian adiante. Somos 370 alumnos e por exemplo na actividades públicas da Federación de ANPAS; tes un mínimo de 10, e despois me teño que ir ás privadas. Aquí falla algo, non entendo.

  • Que outras problemáticas vos atopades? Como ves a implicación da comunidade familiar na organización da ANPA?

As esixencias dos pais é o máis difícil. Veñen con que non contestaches un correo… ou ti mandas por telegram, abalar, e logo fan o que lles dá a gana. Intentas informar todo o que podes e despois fan o que queren. A xente non le, cóstame entendelo.

  • Que tal o servizo de madrugadores?

Outra tolemia. De ter 10 nenos, agora temos 70, contando con esporádicos. Estamos contentos con Jardanau (a empresa que xestiona madrugadores e comedor no 90% dos centros coruñeses) aínda que si que é certo que poderían mellorar certos menús.

  • Como son as relacións da vosa ANPA coas administracións?

Pois para a burocracia temos unha asesoría, que nos leva o papeleo. Se xa é difícil traer xente para a ANPA, que saiban facer a burocracia xa non che conto.

A relación co Concello é cada vez peor. Antes no Consello Escolar tiñamos un representante municipal, que transmitía todo. Logo que nos fixesen caso é outra cosa. Pero este ano non temos.
Por moito que mandemos información, se non temos representante como o imos trasladar? Levamos 8 anos loitando por un pavillón, que serviría para todo o barrio, para todos os clubs, e en teoría este ano está aprobado, pero xa non confiamos demasiado.

  • O voso centro tamén forma parte do programa de dixitalización Edixgal, do que tanto se fala estes meses. Cal é a postura tendes?

Non o queremos. Aquí temos os 5º e 6º de Primaria que usan ordenadores, pero fatal. Ti como pai te preguntan, non sabes… perdes tempo… de feito a profe de matemáticos decidiu pedir libro. Os representantes das familias no Consello escolar xa trasladamos que non queremos continuar o programa. Ademais, paréceme unha tontería, unha vez que nos institutos non existe este programa.

Máis novas das ANPAS

ANPA Sardiñeira: “Por que teño que xestionar eu todo isto?”

ANPA Faro: “As administracións deberían facerse cargo da educación de 7.30 a 16.30h”

ANPA RASA: “Os centros públicos están privatizados case durante media xornada lectiva”

ANPA Monte Vixía: “É complicado estar ao tanto de solicitudes, ofertas, orzamentos… sendo pouc@s e voluntari@s”

ÚLTIMAS

O Concello sacará a concurso o contrato para o novo Plan de Equipamentos Deportivos

No marco da folga de conserxes, pero sen facer referencia algunha, o Concello da...

Ollo, cortes en Alfonso Molina na saída cara á AP-9/Palavea este martes

As obras de remodelación da avenida Alfonso Molina, na cidade da Coruña, que realiza o Ministerio...

A Policía propón sancionar a 165 afeccionados polos altercados do Dépor-Málaga

A Policía elevou a un total de 165 afeccionados as propostas de sanción polos...

Renfe prestará servizo con 500 servizos de bus para facilitar a mobilidade polas obras na estación da Coruña

Renfe modificará o servizo e habilitará un plan alternativo de transporte por estrada con...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here