InicioBARRIOSA “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP...

A “imparable” marea de cemento que invadirá á illa verde do CEIP San Pedro de Visma

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O CEIP San Pedro de Visma é un auténtico oasis de natureza no medio da cidade. Un centro, con 370 alumn@s, ao que acoden familias de moitos barrios precisamente debido a ese contacto co verde. Malia que no día día, algunha profe proteste porque á volta do recreo haia 20 nenxs cos pés mollados, ese contacto coa natureza é algo que envexamos a meirande parte das familias de toda a cidade.

CEIP San Pedro de Visma campo
O CEIP San Pedro de Visma vive no medio do campo

Se ben o seu campo interior, as súas galiñas, os seus bancais, o seu invernadoiro… non van sufrir cambios, a contorna vai cambiar moitísimo o día a día. A marea de cemento que se lles ven enriba coas máis de 30 edificios aprobados polo goberno munucipal vai para cambiar sempre a fisionomía do centro.

A rapazada cambiará as vistas das vacas pastando, por telefonillos e portais de edicifios de ata 20 alturas, por culpa da nova (ou vella) política urbanística do goberno socialista.

Dende o centro, a dirección non quere facer declaracións, pero consideran “imparable” a invasión urbanística. Pero a sombra dos edificios vai provocar que todo o campo do centro sufra moito máis para medrar.

ANPA As Pedreiras: “Collo vacacións en setembro para poder resolver o comezo de curso”

Así o lamentan dende a ANPA, coas que falabamos a pasada semana doutros asuntos. A presidenta Arantza Sánchez prefire non pensar no cambio que pegaar o cole dos seus fillos. “Eu sigo sen crelo”, di rindo por non chorar. “Temos un colexio precioso, aínda que nos teñan abandonado. Moitas familias veñen para que os nenos vivan na natureza, e no momento no que constrúan a urbanización todo cambiará. Non é o mesmo estar rodeado de vacas que de edificios”.

”Dame moita pena”, sinala coa esperanza o proxecto non desenvolva ao completo, e que só urbanicen a zona máis pegada ao Ágora. Lamenta tamén que o Concello non se puxeran en contacto coa ANPA cando foi o procedemento de exposición pública.

Galinas no CEIP San Pedro de Visma
As galiñas do CEIP

Pon sobre a mesa, ademais da “sombra” que asolagará o centro, certas problemáticas que xa afectan ao día a día. Como o comedor, que xa queda pequeno; ou o resto de instalacións, que quedarán pequenas como lle pasou ao Emilia Pardo Bazán cando emerxíu a urbanización dos Rosais.

Con todo, a meirande parte das familias seguen sen decatarse da problemática real que van sufrir.

Hortas do CEIP San Pedro de Visma
Hortas do CEIP San Pedro de Visma

Máis novas urbanísticas

O goberno coruñés ratifica a súa nova política urbanística aprobando as 3.600 novas vivendas de Visma

A sombra de 30 edificios ameaza San Pedro de Visma

Piden á corporación que execute os acordos plenarios e non aprobe a construción de 56 vivendas na Maestranza-Campo da Estrada

A veciñanza arrinca a loita contra a urbanización de San Amaro – Orillamar sinalizando a Fonte do Picho

ÚLTIMAS

As defensas dos acusados do asasinato de Samuel anuncian recursos

Avogados da defensa na malleira mortal a Samuel Luiz anunciaron recursos tras o veredicto de...

Tres acusados de asasinato, un por cómplice e a moza, asolta, no xuízo de Samuel Luiz

O xurado do xuízo pola malleira mortal a Samuel Luiz declarou culpable de asasinato a...

Detido un home en Cambre por acoso sexual e ameazas con arma branca

A Garda Civil de Cambre detivo a un home, de 68 anos, residente na Coruña como...

A “anormal” a situación que se dá en Galicia con respecto ao galego

A Biblioteca provincial da Coruña acolleu este venres a xornada 'Lingua con dereito. Dereito...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here