InicioARTEIXOSolicitan a cesión da parcela ocupada do polígono da Artística como medida...

Solicitan a cesión da parcela ocupada do polígono da Artística como medida contra a delincuencia en Meicende

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Segue intranquila a cousa por Meicende, outro dos barrios afectados pola vaga de roubos que provoca a nova invasión da heroína na cidade. Onte, de feito, en plena tarde, entraron nun bar a roubar…

A pesar de que a vixiliancia está algo máis presente e hai máis efectivos dende as protestas das semanas pasadas, os comernciantes seguen lonxe de estar tranquilos.

Esta mesma tarde de martes 27 de febreiro, comerciantes e a Asociación de Veciños serán recibidos pola Delegación do Goberno, na que trasladarán, entre outras cousas, a implantación dun cuartel da Policía Nacional na zona, e máis efecticos da Garda Civil.

A Artística

Dende hai tempo unha das zonas ocupadas polas persoas con drogadiccións é unha parcela situada no polígono da Artística. Trátase dunha parcela propiedade da Xunta, polo que dende o PSOE lembran a necesidade de conseguir a súa cesión para poder actuar sobre ela, como xa se aprobaba no pleno anterior.

”Son necesarias actuacións urbanísticas e de mellora do mobiliario urbano e a iluminación. As administracións deben loitar contra o incremento dos puntos de venta de estupefacientes que afectan á seguridade e convivencia da veciñanza” sinalan dende o PSOE. “Os habitantes dos barrios das Eiras e O Petón están fartos desta situación e denuncian o que están a vivir as súas familias,” sinala a portavoz dos socialistas, que piden conseguir a cesión da parcela, para arranxala e poñela á venda.

Máis novas

Meicende, outro barrio que sofre a vaga de roubos pola expansión da heroína

ÚLTIMAS

A UDC destaca o apoio do pleno a Medicina: “Reforza a vontade de traballar na proposta”

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao, mostrouse "moi satisfeito" polo apoio "unánime"...

Máis control no consumo de alcol en menores na Coruña

Axentes do Corpo Nacional de Policía e da Policía Local puxeron en marcha un...

O longo pleno sacou adiante a nova Taxa Turística, a ordenanza das VUT e a de mobilidade sostible

Longo pleno en María Pita. Máis de 9 horas de pleno (cun par de...

Noites do Porto mergullarase máis que nunca no ecosistema coruñés

Acolleu onte o mítico Bristol (na rúa Torreiro), a presentación do diverso festival Noites...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here