InicioMOV. SOCIAIS“O SERGAS, a ETT máis grande de Galicia”

“O SERGAS, a ETT máis grande de Galicia”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xa non son aqueles tempos de ir firmar en papel, acumulando tacos de centos de contratos almacenados nalgún caixón esperando que nalgún San Xoán libere ese medo a non ter traballo o día seguinte.

Agora a meirande parte das enfermeiras poden chegar a asinar ata contratos mensuais, pero así e todo volverán a saír á rúa esta mesma semana co gallo do 8M, e non descartan as mobilizacións que fixeron a finais do pasado ano.

A inestabilidade laboral do colectivo segue a ser unha auténtica vergoza. “Vén sendo o mesmo pero con outro nome”, explican as profesionais. “As que xa levan máis de 10 anos no Sergas, poden firmar contratos mensuais, e teñen unha certa estabilidade. Pero as que comezan seguen asinando, agora dixitalmente, contratos diarios, ou semanais, pero sen saber onde van traballar, nin que turno van ter ata o día anterior. Pasas o día esperando a chamada da supervisora, que vixila cada resposta, para dicirche o teu destino de mañá. É imposible conciliar, facer plans… para a vida!”, relatan. “Moitas xa lle chamamos a ETT máis grande de Galicia”, bromean en reación ao Sergas.

Dende o colectio Enfermeiras en Loita recoñecen que levan uns meses sen manifestarse esperando poder facer algo a nive estatal, pero non descartan volver á rúa. Lamentan que as máis novas, as que máis sofren esta inestabilidade, esta precariedade, sexan as que menos se mobilizan nas manifestacións realizadas no CHUAC, pero entende tamén que a súa situación pasa por “facer horas e horas, para loitar contra a perda de poder adquisitivo”.

E aí lanzan outra crítica ao Sergas e a súa capacidade para desmobilizar. “Divide e vencerás, e no Sergas máis”.

Máis novas

Enfermeiras concentraranse o 8M no CHUAC para denunciar a “infravaloración histórica cara á muller e os coidados”

As Enfermeiras, e o resto de profesionais, lembran na rúa que “sen persoal, non hai sanidade”

ÚLTIMAS

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival...

Propoñen comezar a usar a Terceira Rolda para saír da cidade polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade acometerá cambios provisionais no tráfico na AC-11 pola...

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Continúan as mobilizacións, tamén na Coruña, para denunciar a grave situación que vive a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here