InicioMOV. SOCIAISA AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

A AC Alexandre Bóveda afonda sobre a realidade Palestina

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa programación de marzo e abril absolutamente saturada de cousas diversas. Arrinca o mes de abril cunha palestra sobre Curros, unha visita guiada a exposición de Antonio Palacios, ou a presentación da revista Clara Corbelhe, unha charla sobre cineastas dos anos 70 ou unha homenaxe a Xavier Docampo. Todo, en apenas unha semana…

Pero queremos focalizar en dous eventos vinculados co xenocidio palestino, para os que a entidade conta con dous activistas, Fayez Badaw, e Mohamed Safa, esta última organizada en colaboración co Xornal da Coruña.

Fayez Badawi, o domingo 31 de marzo

O domingo 31 de marzo, ás 12 h, o local da Asociación sita na Rúa Santo André, 36, 1º (no Edificio do Circo de Artesáns), acolle a conversa con Fayez Badawi, analista palestino e exportavoz da Fronte Popular pola Liberación de Palestina. Nesta palestra organizada por Mar de Lumes e Galiza por Palestina, Fayez Badawi falará sobre o contexto rexional en que se produce a ocupación da Palestina e do papel de Israel como punta de lanza do imperialismo no Oriente Medio.

Mohamed Safa, o luns 8 de abril

O luns 8 de abril, ás 19:00h, no Circo de Artesáns, o encontro será co activista palestino Mohamed Safa, no marco do ciclo Palestina Libre, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración con BDS GALIZA, SUGxPalestina, o Xornal da Coruña (Safa será presentado por Ubaldo Cerqueiro) e o grupo de igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UD.

O activista e oftalmólgo palestino afincado en Corcubión e Cee dende hai máis de 30 anos, fará unha precisa contexualización global do conflito que sofre o pobo palestino, deixando claro que outubro non é a data inicial desta escalada de violencia, pois son xa 7 as décadas pelexando contra a ocupación colonial por parte do estado sionista de Israel.

O autor de varios libros como “La segunda nakba palestina: El proceso de paz” (Ed. Utopía, 2023), “La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión” (Hoja de Lata, 2017) ou “Palestina, grito por la libertad” (Do Castro, 2003), fará unha análise en clave actual, debullando as claves, as causas e as consecuencias do xenocidio que sofre a día de hoxe o seu pobo.

Mohamed Safa: “Por que os palestinos non temos ese dereito á autodefensa que Europa si llo outorga a Israel? ou a Ucrania?”

Máis novas

A Gala por Palestina: A risa bate coa barbarie

“Onde están, non se ven, as sancións a Israel”

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

ÚLTIMAS

O concurso da praza de “directora substituta” da Fundación Luís Seoane, novo exemplo do abandono dunha da xoias culturais da cidade

Ángel Calvo Ulloa: “É un asunto escandaloso”. --- ---- ---- --- Todo o sector do...

Derrubados os muros do Xardín do Observatorio para abrir “un anaquiño” do Parque da Agra

Arrrincaban en agosto as obras para liberar o Xardín do Observatorio, e esta mañá...

Condenada a 144 anos de cárcere por asasinar a anciás en Cataluña, novamente detida por novo homicidio na Coruña

Os galega Remedios Sánchez Sánchez, condenada hai case dúas décadas a 144 anos de...

Bad Gyal actuará no Coliseum da Coruña en maio de 2026

Bad Gyal actuará no Coliseum da Coruña o 23 de maio de 2026, segundo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here