InicioMOV. SOCIAISA Carreira da Luz do IES Miraflores recadará fondos para a MiniVan...

A Carreira da Luz do IES Miraflores recadará fondos para a MiniVan de Malawi

Publicada o

Por editor

Xa non queda nada para a VI edición da Carreira da Luz, organizada polo IES Miraflores de Oleiros, e que se celebra o venres  26 de abril  no Polígono de Iñás. Despois do éxito do ano pasado, conseguindo máis de 6.000€ para a Fundación Diego González Rivas, esta proba popular colaborará coa Asociación PANGONO PANGONO.

A carreira nocturna, ten como eixo fundamental ensinar os valores solidarios, deportivos e de convivencia. Así, nesta ocasión a liña de colaboración solidaria téndese coa asociación PANGONO PANGONO coa idea de levar a cabo un proxecto en Malawi, concretamente o proxecto  “MiniVan Área 49” co que pretende dotar dun minibus propio ás mozas estudantes da residencia “Amai María”, da Área49 de Lilongwe (Malawi), para que estas poidan desprazarse e continuar coa súa formación nas escolas de secundaria e universidades da capital, evitando,así, o acoso sexual ao que se ven sometidas neses medios de transporte ateigados de xente, os retrasos, os excesivos prezos ou as frecuentes molladuras na época de choivas.

Desde o centro queren animar á participación masiva cunha motivación extra. Grazas aos patrocinadores que este ano axudan na organización ( Auditel, Asueto, Viaxes Sierra, Galitelco, Sup Mera, Clínica Facies de Perillo…) a lista de agasallos é un aliciente máis para participar. Ademais cada dorsal recibirá unha bolsa de abastecemento”.Para a rapazada, esas bolsas levarán algunha que outra sorpresa. Todos os gañadores e gañadoras das categorías superiores recibirán tamén un premio como recompensa ao seu esforzo.

Haberá inchables para os máis cativos, mercados solidarios, chocolate, doces caseiros e moitas sorpresas máis…

Xa te podes inscribir aquí na web do centro, ata o propio 26 de abril ás 20:00h.

Máis novas

O IES Miraflores de Oleiros recada máis de 6.000 euros na ‘Carreira da Luz’ para a Fundación Diego González

 

 

ÚLTIMAS

O Concello camufla a renuncia ao Mundial cun proxecto de remodelación da cidade deportiva de Riazor

Chegou o día. Pasaron un ano e tres meses dende que A Coruña foi...

As críticas da Xunta, PP e BNG trala renuncia do Concello a ser sede do Mundial 2030

Francisco Jorquera (BNG): “A alcaldesa apresurouse a pór a camiseta de Naranjito, ero...

Inés Rey: “Houbo que elixir, e nós escollemos o benestar do club e unha etapa de entendemento mutuo”

Trala escueta rolda de prensa na que Concello, RC Deportivo e Deputación anunciaban a...

Falece un operario tras caer do tellado do IES Agra do Orzán na Coruña

Un operario faleceu este luns na Coruña tras caer dun tellado no que traballaba...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here