InicioDEPORTESO deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

O deporte feminino coruñés esperta do soño ante a falta de apoios

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mes para soñar na cidade herculina, cunha marea de equipos que chegaban con opcións a ascensos ou títulos, como vimos repasando nas últimas semanas. Baloncesto, hockey, volei e rugby mantiveron a ilusión ata última hora, se ben agás o Dépor Abanca, o único equipo con verdadeiros apoios, o resto de equipos femininos acabaron sucumbindo nas súas xestas.

I é que unha das duras conclusións deste fermoso final de temporada é a falta de apoio dos equipos equipos de primeiro nivel dos mal chamados deportes minoritarios. Ver como equipos que aspiran a chegar á máxima categoría do seu deporte a nivel estatal teñen que pedirlle cartos a través de campañas de crowfunding ás afeccións e aos familiares dá conta da desilguadade que aínda vive a cidade nesta materia. Empresas e administracións terían que reflexionar.

O deporte, unha fonte de LGTBIfobia

Semifinal de Champions

Liceo Feminino en Fraga
@HCLiceoFem

As que xa quedaron ás portas da gloria foron as xogadoras do Hockey Club Coruña, que perderon esta fin de semana nada menos que na semifinal da Champions. Unha final four xogada en Coruña, o que demostra o potencial deste club que, apenas un ano despois de ter que saír pola porta de atrás do amparo dun Liceo que non aposta polo deporte feminino se mete entre as 4 mellores de Europa. Curiosamente, unha coruñesa, María Sanjurjo, eliminaba cos seus dous tantos ao cadro herculino, dando o pase a final, e despois o título ao Club Patín Fraga, primeiro equipo aragonés na OK Liga Iberdrola.
Precisamente en Liga, as coruñesas están na 6ª praza a falta de 4 partidos.

CRAT

CRAT na final da Copa
Familia do CRAT na final da Copa

Tamén quedaba ás portas dun título o CRAT. As xogadoras herculinas disputaron a Copa RFER ante o Silicius CR Majadahonda, e se ben fixeron un gran partido, acabaron caendo e quedaron ás portas do seu terceiro título estatal.

Maristas e Volei Zalaeta, ás portas do ascenso

Volei Zalaeta ante todo un CV Barcelona
Volei Zalaeta caeu ante todo un CV Barcelona

Precisamente esa falta de apoios notaron os clubs Maristas e Volei Zalaeta que tiveron que lanzar campañas de micromecenazgo para acodir as súas fases de ascenso.

O Volei Zalaeta caía nas semis da Fase de Ascenso á Liga Iberdrola, a máxima categoría do volei estatal, ante todo un CV Barcelona. Finalmente, as herculinas quedaron na 5ª praza do Playoff tras vencer ao Leganés e demostrar que poden estar competindo ao máximo nivel.

Pola súa parte, o Maristas pechou a temporada acodindo á Fase Final da Liga Fem. 2 e fase de ascenso á máxima categoría do baloncesto estatal. O club escolar fixo toda unha demostración de grandeza pero caeron nos 3 partidos disputados da fase.

Máis novas

HC Coruña, CRAT, OAR e Volei Zalaeta alimentan o soño do deporte herculino

O Basquet Coruña, o Maristas, o Liceo, o DéporAbanca e o Dépor seguen facendo soñar a toda unha cidade

ÚLTIMAS

“O Concello non ten vontade de solucionar a folga dos conserxes”

Continúa activa por segunda fin de semana a folga dos conserxes das instalacións deportivas...

Delegados da CIG mobilízanse en apoio a un extraballador municipal da Coruña que reclama o seu reincorporación

Delegados da CIG concentráronse ante os xulgados da Coruña con motivo do xuízo pola...

Dous feridos en Abegondo tras unha colisión entre un turismo e un vehículo de mercadorías

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión entre un vehículo de mercadorías e un turismo...

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here