InicioCULTURAA AELG fía o novo roteiro "A Coruña de Luisa Villalta"

A AELG fía o novo roteiro “A Coruña de Luisa Villalta”

Publicada o

Por editor

Xa temos percorrido no marco do Roteiro dos Medios en Galego, parte da historia de Luisa Villalta na nosa cidade. A AELG Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega vai profundizar no Roteiro A Coruña de Luísa Villalta: os sotos baixo a pel de cemento, guiado por Inma Otero Varela que terá lugar o sábado 25 de maio, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña.

Otero é unha autora do país que exercerá de guía facendo posible que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria. A partir do poemario En concreto e da novela Teoría de xogos pódese trazar un mapa social e mítico da Coruña oculta, a que se sitúa do lado que perde, malia a ser a trabe da cidade. Luísa Villalta reivindica as marxes, tamén as urbanas, na encrucillada que abeira o novo milenio. Formigón, leiras, ríos soterrados e vento vixiado polo ollo do faro balizan todos os espazos.

As persoas interesadas poden inscribirse no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes, dándose a coñecer ás persoas anotadas o punto de saída.

Máis novas

 

Papagaio, o barrio da prostitución de Monte Alto que inmortalizou Luisa Villalta

 

 

ÚLTIMAS

Evacuada ao CHUAC unha pasaxeira de 61 anos do cruceiro Britannia tras sufrir un accidente en alta mar

Unha pasaxeira de 61 anos que viaxaba a bordo do cruceiro Britannia foi evacuada...

Acusan ao Estado e á Xunta de colaborar cos Franco no novo expolio de mobiliario do Pazo de Meirás

O litixio cos Franco sobre os bens mobles do Pazo de Meirás (do que...

Once persoas feridas nun incendio nun edificio da Coruña que puido orixinarse nun patinete eléctrico

Un total de 11 persoas resultaron feridas nun incendio rexistrado durante a madrugada deste...

Presentan 5.800 sinaturas contra a urbanización do Parque da Agra

Non para a veciñanza da Agra do Orzán ante o novo atentado urbanístico que...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here