InicioBARRIOSSofía Vázquez, a xitana de Mulleres Colleiteiras: “Onde antes nos pechaban portas,...

Sofía Vázquez, a xitana de Mulleres Colleiteiras: “Onde antes nos pechaban portas, agora nos chaman polo noso bo facer”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Mérito incrible o que ten a Cooperativa Mulleres Colleiteiras (@ mullerescolleiteiras2024). Un grupo de traballadoras, de cooperativistas, que levan fomentando a reciclaxe dun residuo altamente contaminante como é o aceite usado, axudando a insertarse sociolaboralmente a mulleres vulnerables, e mantendo o afán de superación e formación das súas protagonistas.

Esta semana, a Cooperativa, sen ánimo de lucro, asinaba a renovación do convenio de colaboración co Concello da Coruña e a Edar de Bens S.A., a co obxectivo de avanzar na concienciación sobre os verquidos de aceite doméstico e impulsar a inclusión laboral feminina. Un acordo que lle permite á Cooperativa sumar unha achega de 15.000 euros para realizar diversas actividades de concienciación, como recoñecía a súa presidenta Monstarrat Gabarri (nesta foto, á dereita da alcaldesa).

As mulleres colleiteiras coa rexedora da Coruña asinando o convenio
As mulleres colleiteiras coa rexedora da Coruña asinando o convenio

Quixemos afondar un pouco máis no proxecto, e facémolo con Sofía Vázquez (na foto á esquerda da rexedora), unha das xitanas que forman parte desta cooperativa formada en 2015, gracias ao impulso da ONG Arquitectura sen Fronteiras (ASF). A entidade, mentres acometía un programa de inclusión social nas Rañas e na Pasaxe, con mulleres xitanas que tiñan un gran potencial, pero poucas ferramentas. A entidade decatouse da falta desta canle de reciclaxe dun residuo tan contaminante, e propuxo a creación desta Cooperativa de centrada na economía circular, o medio ambiente e o futuro das xeracións das comunidades xitanas da cidade.

”Comezamos con 20 contedores na Coruña, e, con moito esforzo a día de hoxe temos instalados 80 en toda a cidade”, explica orgullosa Sofía. As cifras da cooperativa non paran de medrar. Xa son 8 as traballadoras, o pasado 2023 recolleron un total de 220.000 litros de aceite vexetal, que conseguen reciclar para vender e para producir combustible.
E a día de hoxe, ademais da Coruña, teñen contedores en Arteixo, Cerceda e Santa Comba, ademais dos concellos do Consorcio das Mariñas emais en 150 gasolineiras de Repsol. “Traballamos tamén con Inditex, Estrella Galicia, e con hostalería e restauración de todos os niveis, mesmo con estrellas michelín”, explica facendo as súas últimas labores na nave situada en Iñás, Oleiros.

Xornada divulgativa das Mulleres Colleiteiras en Santa Comba
Xornada divulgativa das Mulleres Colleiteiras en Santa Comba

Vázquez pon en valor que “somos xestoras, revalorizadoras e transportistas. E estamos autorizadas e certificadas”, enfatiza. “O económico que entra en Mulleres Colleiteras é para os contratos de mulleres vulnerables, para ter un salario digno no marco do convenio de de residuos. Pero ademais, apostamos pola formación continua, de feito temos un profesor para comunicacón, saúde, benestar e estudios”, explica, dando conta do apoio que manteñen con esas mulleres que rompen barreiras. “Para entrar a traballar aquí, hai que ser muller e vulnerable, pero tamén ter gañas de formarte e superarte. Hai que estudiar moito, hai que saberse a lei de tratamento de residuos, hai que sacar o carnet… é esixente tamén”.

Pero todo este esforzo ten unha clara recompensa en materia de inserción. “Eu son xitana e a moita horna. Pero temos o mal costume de xeralizar, e as mulleres xitanas somos moi diferentes. Hainas con estudios, hainas sen estudios… hai xitanas avogadas, grandes profesionais… Pero si que todas as mulleres xitanas aínda temos que demostrar a nosa valía nesta sociedade, aínda o temos complicado. Por iso facemos esta cooperativa para mulleres ás que nos é moi difícil entrar no mundo laboral. Porque a día de hoxe, se tes un apelido xitano e tes a mesma formación que unha que non ten apelido xitano, por regla xeral non te van dar a posibilidade de demostrar a túa valía”, critica.

”Onde antes nos pecharon portas, gora nos chaman polo noso bo facer”, conclúe fachendosa.

 

Novas relacionadas

A escolarización, a inserción laboral e o coñecemento da cultura, os camiños do Secretariado do Pobo Xitano para unha integración real

 

ÚLTIMAS

Rueda afirma que serán “moi estritos” co Franco na Casa Cornide: “Non hai ningún tipo de favoritismo”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garante que serán "moi estritos na esixencia do...

Paixón telúrica na Gran Noite Coruñenta polos 30 anos do Bravú

“Poderosa” e “telúrica”. Así foi a Gran Noite Coruñenta este pasado venres no Teatro...

A Coruña levou a peor parte da borrasca Bert: caída de árbores e mobiliario afectado

A borrasca Bert deixou en Galicia durante as últimas horas un total de 874 incidencias...

A Coruña, segundo concello do Estado que máis aumenta a renda entre 2019 e 2020

A Coruña, Santiago e Lugo están entre os 10 municipios de máis de 50.000 habitantes...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here