InicioPOLÍTICAMiguel Ángel Rosende, elixido novo secretario de Organización de Cs da Coruña...

Miguel Ángel Rosende, elixido novo secretario de Organización de Cs da Coruña e Lugo

Publicada o

Por europapress

O comité autonómico de Ciudadanos Galicia aprobou por unanimidade o nomeamento de Miguel Ángel Rosende Soro –ata o momento presidente da partido Democracia Coruñesa– como novo secretario de Organización da Coruña e Lugo.

Así o deu ha coñecer Cs nun comunicado no que o partido asegura “continuar en expansión na Comunidade galega para afrontar con todas as garantías as próximas eleccións”. “Con este nomeamento Cs enfócase no crecemento da súa estrutura”, asegurou a formación ‘laranxa’.

Nesta nova etapa, tal e como informou o partido, o obxectivo de Rosende será “a reestruturación e expansión para unha implantación desde o municipalismo sen abandonar os principios do liberalismo español e europeo”.

O novo secretario de Organización de Cs Galicia da zona norte agradeceu “a confianza do partido”. Ademais, compartiu a súa intención de “seguir reforzando a estrutura de Cs con perfís de gran calidade humana que acheguen ilusión, ideas e traballo desde a sociedade civil”. “Anteporemos as boas políticas ás cadeiras de brazos e a nosa única vontade é ocupar o espazo do centro liberal que nos demanda a sociedade”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Comunitaria pon á vivenda colaborativa como unha alternativa real

Fan falta iniciativas singulares para que a sociedade poida enfrontarse á crise da vivenda,...

“Coidar non é indigno. É inxusto facelo sen dereitos”: Denuncian a falta de protección das coidadoras e traballadoras do fogar

O Seminario Internacional de Investigación Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques para...

O Concello da Coruña aproba o proxecto de reparcelamento do cuartel da Grela para albergar cocheiras

O Concello formalizou definitivamente o proxecto de reparcelamento da propiedade denominada Acuartelamento da Grela...

A artista herculino-muxiá Viki Rivadulla trae as súas Mouras á Normal

Coa ilusión de volver o seu berce, Viki Rivadulla leva a súa exposición "Onde...