InicioBARRIOSAlberto Pombo teceu pontes na Barbería entre a música pop e a...

Alberto Pombo teceu pontes na Barbería entre a música pop e a literaruta galega

Publicada o

Por editor

No corazón da Pesquería, nunha Barbería ateigada de xente, Xurxo Souto acompañou este pasado xoves 5 de xuño a Alberto Pombo na presentación do seu libro “Verso e acorde” [Ed. Xerais]. Un libro que fai unha reflexión sobre o dialogo que existiu, entre os anos 50 do século pasado e os anos 2000, entre a música pop e a literatura galega.

Xurxo destacou na presentación o feito de escoller unha zona tan representantiva para a música da cidade como é a Pesquería, así como todo o corazón que lle puxo Pombo a este libro, que xorde da súa tese doutoral, e que consegue trascender dunha mera escolma de datos, conseguindo enganchar ao lector a base de paixón.

Xurxo Souto con Alberto Pombo
Xurxo Souto con Alberto Pombo. Foto: Alberto Castaño

Unha obra que ademais de ser academicamente moi relevante enaltece as nosas letras a través da música. Dende os Tamara ou Andrés Dobarro, aos poetas máis importantes de finais do século pasado, moitos foron aparecendo na conversa pola Barbería, antes de que a sesón rematase coa participación do público entoando cantigas por todos coñecidas.

Verso e acorde na Barberia
Foto: Alberto Castaño

O polifacético mestre do IES Rafael Dieste, centra hoxe o foco noutro gran evento do que é parte fundamental: o festival Aquí tamén se fala, ese festival de música galega contemporánea formulado para a mocidade armado por un centro de ensino!

#Aquítaménsefala, o necesario festival de música galega para a rapazada

 

ÚLTIMAS

Os servizos de emerxencias rescataron do mar a unha persoa na zona da Torre de Hércules

Os servizos de emerxencias rescataron do mar este venres a unha persoa nas proximidades...

As traballadoras das multinacionais do téxtil maniféstanse ao Bud Bunny

Amenceron pechadas as tendas de varias multinacionais esta mañá de venres na Coruña. As...

A CRMH urxe a retirada de simboloxía franquista da Coruña

Representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) reclamaron ao goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here