InicioA CORUÑA#Aquítaménsefala, o necesario festival de música galega para a rapazada

#Aquítaménsefala, o necesario festival de música galega para a rapazada

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Prepárase a comunidade educativa da cidade para invadir a Praza da Tolerancia co gallo do Festival “Aquí tamén se fala galego”. A premiada campaña de normalización lingüística, que suma adeptos (e galegofalantes!) en forma de Festival, organiza un evento máis que necesario: un festival de música galega para a rapazada.

Que un instituto se convirta en produtor musical e arme un festival coma este é un fito histórico en todo o país.

Serán 4 das mellores bandas do panorama musical galaico as que formen a cita que arrinca este venres 7 de xuño ás 17:00h da tarde na praza de Náutica, no que, de seguro, será unha cita histórica para a vinculación entre as comunidades educativas da cidade e a música en galego.

Horarios Festival Aqui tamen se fala 2024

As Bandas

Lontreira, a banda da Illa de Arousa, vén coa súa electrónica galaica cargada de mar e diversión.

Tamén subirán ao escenario unha das revolución da música indie pop da nosa cidade. Leria, formada polas herculnas Mayra, Helena, Itzi e Andrea, chega coa súa “chulita” frescura.

Para o remate quedarán dúas das propostas máis internacionais da nosa música, como son Boyanka Kostova, que traerán a súa Foliada do Inferno á Coruña tras arrasar no Composfet; e Grande Amore, que ademais da súa electrónica, Nuno vai traer unha sorpresa.

Incidencia brutal da campaña

A hostaleria implicada no Aqui tamen se fala
A hostalería, moi implicada co Aquí tamén se fala

Incrible a incidencia que está tendo a campaña promovida polos mestres do IES Rafael Dieste Arcadio González e Alberto Pombo, (podedes coñecer mellor a Alberto na fantástica entrevista que Eva Vieites lle ten realizado no blog da Biblioteca do Ágora). Unha campaña que xa implica a 25.000 estudantes de 200 centros educativos de todo o país, pero tamén trascendendo as fronteiras do sistema educativo.
Seguro que xa vistes os carteis do #Aquítaménsefala en algún escaparate, porque son xa 50.000 espazos os que colaboran coa iniciativa.

Máis novas

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

O FEAE á innovación educativa, novo premio para a campaña “Aquí tamén se fala”

O proxecto “Aquí tamén se fala” leva un dos Premio Rosalía de Castro de Lingua

O #Aquítaménsefala e o Recuncho Gamer reciben os Premios Mil Primaveras

101 festivais de toda Galicia nun fío

 

ÚLTIMAS

Un pleno de acordos e desacordos sobre vivenda, escolas infantís e a Fundación Luís Seoane

Celébrase esta mañá de xoves 1 de outubro un novo pleno no Pazo de...

O Padroado da Fundación Luís Seoane volverá lanzar un proceso de selección da dirección en decembro

Esta pasada tarde de mércores 30 de setembro, coincidindo cos novos actos do festival...

Propoñen comezar a usar a Terceira Rolda para saír da cidade polas obras de Alfonso Molina

O Ministerio de Transportes e Mobilidade acometerá cambios provisionais no tráfico na AC-11 pola...

“Fóra rendistas dos nosos barrios”. Convocada unha manifestación pola vivenda para este sábado

Continúan as mobilizacións, tamén na Coruña, para denunciar a grave situación que vive a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here