InicioOLEIROSForte malestar veciñal en Oleiros ante a eliminación de autobuses

Forte malestar veciñal en Oleiros ante a eliminación de autobuses

Publicada o

Por editor

O Concello Oleiros volve reclamar á Xunta de Galicia a restitución de todas as liñas de transporte eliminadas desde a semana pasada. O Concello faise voceiro da veciñanza criticando as graves deficiencias no servizo durante esta semana, con constantes incumprimentos de horarios, buses ateigados de pasaxeiros pola redución de frecuencias e ausencia de información á cidadanía sobre os cambios de realizados. O caos foi tal que ata foi empregado un bus de 30 prazas para un dos servizos de primeira hora da mañá.

Ante as denuncias do Concello e de numerosos veciños, a Xunta comprometeuse a realizar cambios de inmediato e reformular a situación a partir desta semana. Ata o momento o Concello non recibiu información oficial algunha, polo que no caso de cumprir coa restitución das liñas eliminadas, a comunicación ás persoas usuarias vai ser altamente insuficiente –nin 24 horas de antelación-.

“Este tipo de políticas, que só benefician ás empresas concesionarias, van totalmente en contra do fomento do transporte público e do interese xeral da cidadanía”, lamentan dende o grupo de goberno de Alternativa. “A Xunta agrava así os problemas de mobilidade existentes na comarca da Coruña, sobre os que ten unha responsabilidade importante, non só por ter as competencias no transporte público, senón tamén por levar 3 anos coas obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9 paralizadas, que sacarían entre un 30 e un 40% do tráfico da ponte Pasaxe”.

ÚLTIMAS

Os sindicatos do metal da Coruña aceptan unha mediación exposta polos empresarios á Xunta

Novidades hoxe arredor do conflito sobre a negociación do convenio do sector do metal...

Avia Veira acusa a Inés Rey de “triunfalismo e autocomplacencia”

Saía onte alcaldesa Inés Rey a facer balance do seu mandato. Unha intervención na...

Inés Rey reivindica “o mandato do diálogo e a amabilidade” á fronte da cidade da Coruña

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, reivindicou a xestión do goberno socialista nos seus...

Sindicatos reclaman na Coruña medidas para garantir o futuro da Seguridade Social

Representantes de UGT, CSIF, CCOO e CIG concentráronse este mércores ante a Dirección Provincial...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here