InicioMOV. SOCIAISA enfermeira Fina Baliñas, recoñecida co Premio Tomás Fábregas polo trato ás...

A enfermeira Fina Baliñas, recoñecida co Premio Tomás Fábregas polo trato ás persoas con VIH da cidade

Publicada o

Por editor

Emocionante estrea no Palacio de María Pita a pasada mañá de mércores 10 de xullo coa entrega da primeira edición do Premio Tomás Fábregas. Un premio outorgado polas entidades LGTVIQ+ da cidade xunto co Concello que lembra a figura do coruñés residente en América do Norte desde finais dos anos 70 e que foi un activista recoñecido pola súa loita contra o VIH.
Con 34 anos, Tomás Fábregas tomou a palabra no III Congreso Mundial sobre o síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA), que tivo lugar en Ámsterdam no 1992, para denunciar a situación das persoas seropositivas, especialmente as estranxeiras.

E a escollida para estrear este premio foi a enfermeira Fina Baliñas, polo seu labor contra a desestigmatización da sida e do VIH.

Fina Baliñas era enfermeria do Hospital Universitario da Coruña, impulsora da unidade específica do VIH. Ademais, era a primeira persoa en atender os pacientes logo do diagnóstico positivo. Destacaron a labor humana que realizou con cada paciente de VIH e lembraron o premio “Elisa e Marcela” que xa lle outorgou o ano pasado o colectivo ALAS Coruña.

 

Fina Balinas Premio Tomas Fabregas da Coruna

Baliñas estivo acompáda polo equipo que puxo en marcha a unidade específica no CHUAC, formado por Ángeles Castro, Álvaro Mena, Pilar Vázquez, e Domingo Pedreira.
A galardoada dedicoulle o premio ás compañeiras e compañeiros de unidade, enfermeiras e colectivos que a acompañaron durante a súa traxectoria profesional, así como á súa familia. “Nunca me transmitiron medo ou preocupación por onde eu traballaba, ao contrario, sempre me apoiaron ao cen por cen” sinalou Fina. Sobre o apoio aos pacientes, a galardoada referiuse á complexidade da parte humana: “axudar a morrer era unha tarefa moi difícil, sobre todo porque eran persoas da nosa idade, perosas que coñeciamos da rúa”.

Fina rematou reivindicando os pasos acadados polo colectivo LGTBI+ e na protección do sistema sanitario universal: “Todos nós temos na man a posibilidade de defender sempre a sanidade pública”.

Á cerimonia asistiron representantes de entidades LGTBI+ como CASCO, Les Coruña, Alas Coruña, entidades veciñais e vinculadas ao sector sanitario, e remacou co coro ‘Coruña Cores’, unha iniciativa cultural nada da man da asociación Les Coruña, interpretando tres cancións.

Máis novas

O Atlantic Pride tamén se enfronta á chuvia

ÚLTIMAS

A Masa Crítica volve sacar as bicis na Coruña 20 anos despois da súa creación

Aló polos comezos de século, houbo un grupo de ciclousuarios na Coruña que soñaban...

CoruñArt convirte ese sábado o Mercado de San Agustín nun foro de debate sobre a saúde cultural da cidade

Xa non queda nada para este sábado 8 de novembro, cando o Mercado de...

Redada nun local de Matogrande con 21 actas por drogas, pero sen detidos: “Non venden, só consomen”

Unha redada realizada nun local de lecer nocturno situado no barrio coruñés de Matogrande...

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Reformular a foliada é algo que vén facendo a música galega contemporánea moi ben...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here