Remataron, outra tarde-noite con paraugas, as noites do Atlántic Pride na Praza de Pontevedra. O céntrico escenario acolleu, despois da xornada inaugural na Luís Seoane, 3 días cheos de figuras emerxentes da música galega contemporánea, maridada con bandas xa asentadas do panorama estatal e a escena LGTBIQ+.
Abría a tarde de mércores o Dj-Lemma, esperando que escampase. Parou a chuvia para escoitar os ritmos mundiais de Catuxa Salom. A de Vilagarcía maridou berros africanos, cancións de berce sudamericanas, e ritmos caribeños coas raíces galegas máis tradicionais, detrás dun sorriso que trasladou alegría e frescor ao diverso e familiar público asistente.
A mestura chea de raíces de @catuxasalom vencendo á choiva, outro día máis, no #AtlanticPride!! pic.twitter.com/XnQrXWwlZc
— Xornal da Coruña (@xornaldacoruna) July 10, 2024
Nomi Bull tomaron o relevo e Shego puxo o fin de festa.
Axenda de xoves
Abrirá esta noite, desde ás 21.00h, Amoebo convertindo os Xardíns nunha auténtica verbena galega de sons urbanos contemporáneos, bailes desmedidos, humor e moita diversión.
O eurodance e o pop máis colorido dos 90 da banda de culto neerlandesa Vengaboys poñerá o acento internacional a este ‘Orgullo do Norte’ coruñés desde ás 22.30h ao ritmo de éxitos como We’re Going to Ibiza, Boom Boom Boom Boom ou “We Like to Party”.
Pola súa banda, DJ90 será o dj encargado da pinchada para pechar a velada ás 23.30h, cunha proposta divertídisima, acompañada por imaxes míticas da televisión dos 80-90, como xa fixo na edición pasada.
Xoves, 11 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez (20.00 a 01.20h)
- 21.00h Amoebo.
- 22.00h Selena Leo.
- 22.30h Vengaboys.
- 23.30h DJ 90.
Venres, 12 de xullo
Xardíns de Méndez Núñez (20.30 a 02.20h)
- 20.30h Dj Licho
- 21.30h Sila Lua
- 22.30h Nena Daconte
- 00.00h Luna Ki
- 01.00h Roi Porto
Axenda de venres
De 20.30 a 02.20 horas, o público poderá gozar nos Xardíns de Méndez Núñez da mestura libre de xéneros de Sila Lua, a medio camiño entre a música urbana de fala hispana e a electrónica experimental europea; do pop-rock de Nena Daconte, cos temas en directo do seu último disco, Casi Perfecto; e da fusión de sons como o new wave, o eurodance, o afrobeat ou o trap-pop de Luna Ki. Pola súa banda, as pinchadas para abrir e pechar a velada correrán a cargo de Dj Licho e Roi Porto.
PROGRAMA ATLANTIC PRIDE 2024
Máis novas
Máis de 40.000 persoas convertiron á Coruña na capital do Orgullo