InicioCULTURA'Instrucións previas', de Luis Maceira, gaña o III Certame de Literatura LGTBI+...

‘Instrucións previas’, de Luis Maceira, gaña o III Certame de Literatura LGTBI+ do Atlantic Pride

Publicada o

Por editor

O III Certame de Literatura LGTBI+ do Atlantic Pride seleccionou o relato ‘Instrucións previas’, de Luis Maceira Cid, como gañador do primeiro premio, mentres que Tamara Jiménez Quirós alcanzou o segundo galardón co texto ‘Tan diferentes como iguais’ e Laura Souto Queijeiro o terceiro con ‘Como se xestiona unha crise’.

O certame, que naceu co obxectivo de visibilizar as vivencias sexuais e de xénero das persoas LGTBI+, clausurará este domingo ás 21.00 horas nos Xardíns de Méndez Núñez a quinta edición do Atlantic Pride. Nese momento, os gañadores do concurso recibirán os seus respectivos premios e gozarán co público dos directos de Lucía Pérez, As Ketchup, Raúl, Rosa López e o DJ Iván Flashback.

Así o explicou a organización do evento nunha nota de prensa na que tamén destacou que o concurso, organizado en colaboración coa Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña a través do club de lectura QUEERuña, alcanzou este ano a súa marca de participación.

PECHE DO FESTIVAL

A cidade da Coruña volveu a acoller este ano unha nova edición do Atlantic Pride, un festival que tivo lugar entre os días 7 e 14 de xullo e trouxo consigo música e celebración ao redor da diversidade sexoafectiva e identitaria. A semellanza de edicións anteriores, o festival volveu a ser gratuíto e contou na súa programación con música e actividades culturais como o III Certame de Literatura LGTBI+.

ÚLTIMAS

A praza de Tabacos acolle o groso da Semana Europea da Mobilidade

Xa botamos un ollo ás interesantes charlas que Mobi-Liza organiza mo MUNCYT sobre outras...

O EcoRallye, a exame

Xa está en marcha a 10ª edición do Repsol EcoRallye A Coruña, que se...

Meses sen soldo, sen traballo e sen paro: a situación límite de seis traballadoras da escola infantil O Berce en Arteixo

As traballadoras da escola infantil O Berce, no concello coruñés de Arteixo, concentráronse este...

Comezan as obras do novo gran parque infantil da Praza de Portugal

Vai ser unha das zonas infantís máis importantes da cidade, na que o Concello...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here