InicioECONOMÍAUns 10.000 autónomos da provincia da Coruña recibirán un SMS para que...

Uns 10.000 autónomos da provincia da Coruña recibirán un SMS para que actualicen os seus datos da Seguridade Social

Publicada o

Por europapress

Máis de 10.000 autónomos da provincia da Coruña recibirán un SMS nos seus móbiles ou unha carta postal para que actualicen os seus datos de contacto e dirección de correo electrónico na Seguridade Social. A subedelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, informou de que esta comunicación se realizará nas próximas semanas de forma graduada para evitar colapsos.

A Subdelegación do Goberno detalla que o texto que se recibirá nas mensaxes será o seguinte: A TGSS na Coruña solicita que utilice o Portal IMPORTASS/Datos Persoais/via SMS (http://run.gob.es/adiama) para actualizar os seus datos de contacto (móbil e e-mail), necesarios para recibir comunicacións da TGSS. Máis Info : 901502050 ou 915410291. A subdelegada remarca que é necesario proceder a esta actualización, posto que pode ter repercusións na regularización anual da cotización. Esta actualización de datos tamén se pode facer en calquera das oficinas da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

ÚLTIMAS

Lembran os 25 anos do derrubamento do Asilo de Adelaida Muro, cando a especulación venceu ás necesidades sociais

Fai 25 anos que se derrubaba o Asilo de Anciáns de Adelaida Muro. Un...

DdC considera que o fallo sobre a urbanización da Maestranza do TSXG contradí os preceptos do TS

Coñeciamos onte que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimaba o recurso interposto...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio na Coruña: O Martinete e San Cristovo das Viñas

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón, do Ventorrillo e...

As 10 rutas de Samaín que fan barrio na Coruña: O Ventorrillo e a Praza do Comercio

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, dos Mallos, do Castrillón e de Monte...