InicioSUCESOS"Descoordinación" ao remolcar un avión provocaron a amputación dunha perna a un...

“Descoordinación” ao remolcar un avión provocaron a amputación dunha perna a un operario en Alvedro

Publicada o

Por europapress

O operativo para remolcar un avión no aeroporto de Alvedro o pasado 14 de xullo estivo marcado pola “descoordinación e apresuramento”, o que provocou un accidente que se saldou coa amputación da perna dun operario.

Así o recolle a información preliminar da Comisión de Investigación de Accidentes de Aviación Civil –dependente do Ministerio de Transportes–, que deberá publicar un informe técnico final coas conclusións. O suceso tivo lugar preto das 20,00 horas do 14 de xullo, cando a aeronave Airbus 320 “estaba a ser remolcada cara atrás con xiro na plataforma para orientala en rodaxe con dirección norte cara á cabeceira da pista 21 por medio dun tractor con barra”.

Segundo recolle a ficha de investigación aberta, houbo dificultades ao desenganchar a barra de pulo do tractor polo operario. “Ao tentar solucionar o problema produciuse unha certa descoordinación e apresuramento entre os operarios de terra: coordinador, operario da barra e operario do tractor, de modo que se acumularon varias accións desviadas dos procedementos operativos”, expoñen as indagacións.

Neste proceso pediuse á tripulación que liberase o freo de aparcadoiro do avión e o operario que manexaba o tractor baixouse deste. De tal forma, o operario, “no intento de soltar ou desenganchar a barra de pulo do avión, quedou atrapado e unha roda do tren de morro lesionoulle gravemente unha perna”.

Finalmente, o home recibiu auxilio médico no lugar dos feitos e, posteriormente, foi trasladado ao hospital. Necesitou ser intervido cirurxicamente debido á amputación dunha perna.

ÚLTIMAS

O Recorda Fest volveu encher A Coruña de himnos musicais pasados e presentes que unen xeracións

O Recorda Fest converteu este sábado A Coruña nun grande escenario de lembranzas, emocións e festa...

O Flores Rock afiánzase como unha das últimas citas roqueiras da cidade

Fantástica xornada onte á noite no Flores Rock, un festival montado pola Asociación de...

Capercaillie celebra os seus 40 anos cun concerto no “Folk no Colón”

Tralo comezo en maio cos concertos de Treixadura e Abraham Cupeiro, retómase o ciclo...

Xulio Abalde será o novo subdelegado do Goberno na Coruña

O exrector da Universidade da Coruña (UDC) Xulio Abalde será o novo subdelegado do...