InicioMOV. SOCIAISConvocan folga indefinida desde o 26 de agosto na empresa de mantemento...

Convocan folga indefinida desde o 26 de agosto na empresa de mantemento da refinaría da Coruña

Publicada o

Por Convocan folga indefinida desde o 26 de agosto na empresa de mantemento da refinaría da Coruña

CIG-Industria anunciou a convocatoria de folga indefinida, a partir do día 26 de agosto, ás 07:00 horas, na empresa concesionaria do servizo de mantemento da refinaría da Coruña, do Grupo Navec.

Os 55 traballadores e traballadoras de Navec non cobraron aínda os seus salarios, a empresa, que entrou en preconcurso de acredores, comprometeuse a pagar este mesmo luns os soldos, pero despois de comprobalo, o persoal confirmou que non foron ingresados nas súas contas“, explica a central sindical.

Navec ten unha nave en Arteixo e só traballa para a refinaría. Segundo explica Eduardo Caamaño, secretario comarcal de CIG-Industria da Coruña, “ao parecer fixeron unhas obras polas que aínda non cobraron” o que a levou a ese preconcurso. A central sindical xa solicitou unha reunión con Repsol “para saber cal é a situación real e que vai ocorrer cos traballadores e traballadoras”.

ÚLTIMAS

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

Volven denunciar á Xunta e ao Estado pola continua opacidade e incumprimentos legais no Pazo de Meirás

Falabamos onte co historiador Manuel Pérez Lorenzo sobre os usos didácticos que lle deberíamos...

A Festa do Apego chega este venres ao Campo da Leña para achegar a música en galego ás crianzas

O Campo da Leña acolle este venres 28 de agosto a partir das 17.00...