InicioECONOMÍABaixan un 30% os pasaxeiros de Alvedro con respecto ao pasado ano

Baixan un 30% os pasaxeiros de Alvedro con respecto ao pasado ano

Publicada o

Por editor

O Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro alcanzou este mes de novembro a súa marca histórica de pasaxeiros, superando, a falta dun mes para que termine o ano, os tres millóns de usuarios. Algo diferente ao acontecido na Coruña e Vigo, onde baixaron os viaxeiros.

En concreto, segundo as estatísticas feitas públicas por Aena, entre xaneiro e novembro, este aeródromo acolleu a un total de 3.002.600 pasaxeiros, un 11,4% máis que no mesmo período de 2019. Con iso, bateuse a marca histórica de pasaxeiros que se rexistrou ao peche de 2019.

Pola contra, tanto o aeroporto da Coruña como o de Vigo experimentaron un descenso de pasaxeiros na cifra acumulada entre xaneiro e novembro, en comparación con 2019. En concreto, ata novembro, o aeroporto de Alvedro acolleu a 870.040 pasaxeiros, un 30,4% menos que os datos dos 11 primeiros meses de 2019. No caso de Vigo, o descenso con respecto ás cifras prepandemia foi do 8,2%, ata os 866.881 pasaxeiros.

En canto ás operacións, as acumuladas na Coruña foron un 16,6% menos, ata 13.279; e as de Vigo alcanzaron as 12.669, o que supón un 18,1% máis que fai tres anos. Se se teñen en conta só os datos do mes de novembro, con todo, o aeroporto da Coruña caeu un 13% en cifra de pasaxeiros, ata os 92.225. Con todo, o aeroporto de Vigo experimento no onceavo mes do ano un incremento nos seus pasaxeiros, con respecto a 2019, do 16,5%, ata 83.369.

ÚLTIMAS

Labañou e San Roque celebraron unha merenda colectiva por unha escola “digna e segura”

Non decae a loita da ANPA do CEIP Prácticas por unha reforma integral no...

O goberno da Coruña abre unha vía de negociación co BNG tras o bloqueo dos orzamentos

O voceiro do goberno municipal da Coruña, o socialista José Manuel Lage, avanzou que...

A patronal dos supermercados da Coruña cuestiona as folgas e defende a súa oferta salarial

A Asociación de Supermercados da provincia da Coruña puxo en cuestión que se manteñan...

A Coruña únese este sábado á Limpeza Simultánea de Praias

Únense varios colectivos á XV Limpeza Simultánea de Praias, que a Asociación Ecoloxista ADEGA propón...