InicioSOCIEDADEXulgan a pai e fillo por estafa na xestión dos aforros dun...

Xulgan a pai e fillo por estafa na xestión dos aforros dun matrimonio de Cambre

Publicada o

Por europapress

A Audiencia Provincial da Coruña celebrará o martes, día 17, o xuízo contra un pai e un fillo acusados de estafa na xestión dos aforros dun matrimonio de Cambre, así como de falsidade en documento mercantil, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. De acordo co escrito de Fiscalía, ambos exerceron durante varios anos como axentes mediadores de seguros, traballando mesmo nunha entidade financeira durante varios anos.

Certo tempo despois, os acusados contactaron co matrimonio e comunicáronlles que deixaban a entidade bancaria para establecerse pola súa conta, constituíndo unha consultoría financeira en 2015, pedíndolles que continuasen confiando neles para a xestión dos seus aforros porque lles conseguirían unha alta rendibilidade.

O Ministerio Público sostén que “simulando cos anteriores que se preocupaban polo seu benestar e situación persoal” conseguiron que lles entregasen diversas cantidades de diñeiro “na crenza de que os acusados ían investilas en produtos fiables e rendibles”.

Un deles entregoulles aos acusados a cantidade de 24.515 euros e outro a de 18.243 euros, aínda que Fiscalía sinala que os acusados “nunca tiveron intención” de investilos en produtos financeiros.

Por un delito continuado de estafa, coa atenuante de reparación dano, e outro delito de falsidade en documento mercantil, pide penas que suman un total de seis anos e nove meses de prisión.

ÚLTIMAS

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

O Monte Costa, en Culleredo, sofre un incendio forestal

Non libra a comarca da vaga de lumes que sofre Galicia. Un incendio forestal...

Lembrando os 100 anos do busto de Pondal nos Xardíns

O Circo de Artesáns organizou este pasado sábado unha homenaxe polo 100 aniversario do...

A Copa Galicia volve xuntar na Coruña aos 4 grandes do baloncesto galego

A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña os días 5 e 6...