Son parte intrínseca do tecido cultural da cidade. Levan 20 anos formando parte das vidas de nen@s e maiores, sacándonos as risas e os sorrisos nas rúas e nos auditorios. Foi de feito a entidade pioneira en Galicia na visibilidade, recoñecento e axuda á profesionalización do “novo circo”, dignificando unha profesión que ata o comezo de século parecía de segunda.
Por iso, é unha alegría comprobar que a Asociación Cutural Manicómicos de A Coruña vén de ser recibir un dos primeiros premios CIRCORED, promovidos pola Federación de Asociacións Profesionais de Circo do estado español, na categoría de “Boas prácticas”.
A Federación de Asociacións de Profesionais do Circo de España destaca o compromiso e coidado coas boas prácticas na programación de circo, desenvolvidas ao longo das 23 edicións do seu Festival Manicómicos. Estas inclúen, entre outros aspectos, a atención ás necesidades técnicas dos espectáculos, o acerto en programar cada evento nun lugar adecuado, a aposta por compañías emerxentes, ou a inclusión de procesos de mediación que involucren o entorno.
Os outros dous proxectos finalistas son MADn Circus Festival (Madrid) e Familia Circarte (Alicante).
O representante da asociación e director do seu Festival Manicómicos, Carlos Sante, estivo a Bilbao para recibir o galardón

