InicioBARRIOSPreguntan polo retraso dos prazos do Mercado de Monte Alto

Preguntan polo retraso dos prazos do Mercado de Monte Alto

Publicada o

Por editor

Ben é certo que as obras no Mercado Municipal de Monte Alto non paran dende abril de 2023. Cada día dende aquela hai traballadores visibles executando a potente obra de remodelación do mercado e da praza do corazón do barrio. Se cadra non son suficiencies.

O prazo de execución, que comezou en decembro de 2022, é de 26 meses polo que debería estar rematado en xaneiro de 2025. Porén, o Concello xa avisou en marzo deste ano que as obras non estarán rematadas antes de finais de 2025.

Obras no Mercado de Monte Alto a setembro 2024
Así están hoxe as obras

Así o denuncia o PP, que advirte do atraso dos traballos da reforma, unha vez que se leva executado o 30% despois do 80% do prazo. “Inés Rey está enganada co prazos do mercado, como a enganaron con noutros moitos asuntos”, lamenta Miguel Lorenzo. O voceiro popular critica que a rexedora o chamase “mentireiro”, e hoxe Lorenzo presenta o contrato e as certificacións da obra. “Desde a primeira certificación de obra, novembro de 2022, ata xullo de 2024, só se executaron 2,8M€ dos 9,9M€ nos que se adxudicou, o 28,7% do total, dos que 759.527€ corresponden a gastos provisionais de mercado e non a execución da obra”, explica. “Entre novembro de 2022 e xullo de 2024 transcorreron 21 dos 26 meses nos que se adxudicou a obra, o que supón o 80,7% do total. O período comezou en novembro de 2022, cando se asinou o contrato e comezaron as certificacións de obra, e rematará en xaneiro de 2025”, sentenza.

”Unha vez máis, o Goberno de Inés Rey tenta tapar a súa inoperancia con inhabilitacións, como por exemplo, xa fixo con Casas de Franco, cando dixo que non podía facer o que vai facer agora nin as obras de Pelamios, cando negou problemas no parque infantil denunciados polo PP que agora se arranxan”, remata.

Máis novas

Así será o novo Mercado de Monte Alto, cuias obras rematarán a finais de 2025

ÚLTIMAS

A veciñanza de Monte Mero si que encaixa

A veciñanza afectada polo plan urbanístico de Monte Mero manifestouse esta mañá diante dos...

Piden transparencia ante o importante achádego arqueolóxico das obras da urbanización de Visma

Avanza, ante a ollada de toda a cidade, o delirio urbanístico de Visma. Máis...

O local do primeiro Zara na Coruña acollerá un supermercado Dia

O histórico local comercial que albergou a primeira tenda de Zara, situado na rúa...

O loteiro acusado de cobrar unha primitiva tacha de “mentira” a ocultación dos feitos

Manuel Reija, o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha primitiva premiada con 4,7...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here