InicioMOV. SOCIAISA comunidade social prepara a folga deste venres 27 por Palestina

A comunidade social prepara a folga deste venres 27 por Palestina

Publicada o

Por editor

Prepárase Galicia para a folga xeral por Palestina convocada para este venres 27 de setembro da man dos colectivos CGT Galiza, Solidariedade Obreira Galiza, CNT Galiza, a Asemblea Internacionalista de Compostela e a Rede Galega pola Palestina.

“Un acto de solidariedade internacional e de loita obreira, destacando a importancia da mobilización en apoio ao pobo palestino e contra a represión que sofre no seu territorio”, explican os convocantes, que invitan a toda a sociedade a mobilizarse para visibilizar a problemática.

Ademais, esperan que a concentración do venres ás 20:00h no Obelisco sexa multitudinaria.

Contra o gasto militar

As entidades convocantes lembran que “O Goberno do Estado español está a destinar millóns de euros ao gasto militar o que supoñerá o recorte noutras partidas orzamentarias. O diñeiro público debe investirse en vida, non en armas e en destrución”, explican, ao tempo que esixen “ao Gobierno que deixe ao carón a hipocrisía. Non chega con xestos simbólicos, son necesarias medidas concretas que axuden a frear o exterminio:
romper relacións diplomáticas e acabar co comercio de armas con Israel”

A folga incita ás administracións a rompero relacións diplomáticas co Estado sionista e a suspensión de acordos comerciais e académicos, e ao mesmo tempo invitan á cidadanía a unirse á campaña BDS (Boicote, Desinvestimentos e Sancións) e deixar de consumir produtos realizados por este estado.

Accións de Boitoc

O colectivo BDS Galiza vén de propoñer estas accións de boicot:

Máis novas

“A empresa Indra é complice do xenocidio do pobo Palestino”

A UDC promoverá unha cátedra por Palestina e non participará en actos con entidades de Israel

Occidente e o servilismo a Israel: Chámase ocupación

ÚLTIMAS

O Lembranza Rock dá unha lección de compromiso

Fermosa, emotiva e comprometida noite de sábado a vivida no Parque Europa. A Asociación...

Lembrando os 100 anos do busto de Pondal nos Xardíns

O Circo de Artesáns organizou este pasado sábado unha homenaxe polo 100 aniversario do...

A Copa Galicia volve xuntar na Coruña aos 4 grandes do baloncesto galego

A Copa Galicia de Baloncesto volverá celebrarse na Coruña os días 5 e 6...

Operativo de procura no peirao de Oza por un posible home ao mar

Bombeiros da Coruña, en colaboración coa Policía do Porto da Coruña, participaron nun operativo...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here