InicioA CORUÑAAs Percebeiras, Labañou pechado ao mar

As Percebeiras, Labañou pechado ao mar

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

”Labañou aberta ao mar” reza, dende hai anos, unha pequena pintada nunha caixa eléctrica en pleno paseo marítimo, debaixo dun campeiro que fica esquecido, esperando polo cemento.

Calquera día, a Xunta de Goberno Local anunciará na letra pequena a aprobación do proxecto das Percebeiras. Outro novo vello proxecto de hai máis de 20 anos, que o goberno socialista intenta sacar adiante nesta leexislatura por mor da súa incongruente política urbanística (patente é a contradición coas estratexias de sustentabilidade e mobilidade), na cidade das 20.000 vivendas baleiras.

O proxecto das Percebeiras, que promove Metrovacesa (tamén implicada nos delirios de Visma e Castrillón), é calificado como “despropósito urbanístico” por diferentes entidades sociais, pero segue avanzando na súa tramitación, a través do chamado plan especial de Labañou.

A parcela das percebeiras en Labanou
A parcela verde afectada polo proxecto, visto dende Monte Alto

Polo de pronto, as últimas novidades é que o proxecto está paralizado, e que nada se mudou desde que se levou á Xunta de Goberno Local o mandato pasado, despois de pasar o trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica e cun informe de Costas moi escueto, pero que complica a execución do Plan Especial das Percebeiras.

Tras moitas leas, varios procesos de participación en clave de lavado de imaxe, a presión veciñal conseguíu eliminar o “mamotreto”, como coñecían á torre de 20 pisos, quedando a día de hoxe un proxecto formulado con 8 grandes bloques de 8 alturas, que crearán un total de 400 vivendas (certo que neste caso a porcentaxe de protección oficial sobe ata o 40%). O proxecto inclúe tamén a construción dun túnel de 180 metros que unirá a parte baixa dos Rosais co paseo marítimo.

Proxecto As Percebeiras de Metrovacesa
O último proxecto feito público por Metrovacesa

Se ben o movemento veciñal está algo paralizado, a veciñanza, que leva anos pedindo espazos públicos na zona, lamenta que a urbanización vaia ser un claro muro que separe do mar un barrio que sempre foi salgado. E non só polas vistas.

 

Máis novas urbanísticas

A veciñanza das Xubias trasládalle ao BNG o seu malestar pola falta de información directa do Concello

A Farruca non poderá saltar polas corredoiras de Visma

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

O TSXG admite a trámite un recurso contra a urbanización do Campo da Estrada-A Maestranza

ÚLTIMAS

As salas e os bares, as primeiras protagonistas do festival Noites do Porto

Esta fin de semana o peirao de Batería acolle o festival Noites do Porto,...

Unha trintena de rexedoras participarán o día 1 no Palexco no II Encontro de Alcaldesas

Unha trintena de rexedoras participarán o día 1 na Coruña no II Encontro de Alcaldesas,...

A alcaldesa da Coruña, sobre Miguel Lorenzo: “É un tertuliano de programas lixo”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, cualificou de "tertuliano de programas lixo" ao portavoz...

Aviso amarelo na costa coruñesa por fortes ventos este venres

A costa das provincias de Lugo e A Coruña estará afectada por un aviso...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here