InicioECONOMÍAAs traballadoras de ABAI Coruña concéntranse diante da tenda de Movistar

As traballadoras de ABAI Coruña concéntranse diante da tenda de Movistar

Publicada o

Por editor

As traballadoras da empresa de telemarketing ABAI concentráronse esta mañá de venres 28 de outubro ás portas da tenda de Movistar da Rúa Barcelona. Convocadas pola CGT, alzaron a voz en protesta pola destrución de postos de traballo nos diferentes servizos de Telefónica.

O Sindicato denuncia que nos últimos anos a empresa de telecomunicacións non deixou de destruír emprego. As súas subcontratas, ABAI e Atento, reduciron os seus cadros de persoal de maneira dramática nos centros de traballo que teñen nesta cidade no resto do Estado. Nestes momentos, ABAI e Movistar teñen en marcha un ERTE en Madrid que deixará a máis de 100 persoas no paro durante 8 meses.

O representante da CGT declara que “estamos moi preocupadas pola perda de postos de traballo nos servizos de Telefónica. A pesar de que a carga de traballo é a mesma ou maior en moitos departamentos, o cadro de persoal non para de reducirse”. “Cremos que as consultas dos clientes de Telefónica están a ser desviadas a centros de chamadas situados noutros países onde as condicións laborais son aínda peores que as que sufrimos nós”. “As
subcontratas e Telefónica buscan incrementar os seus avultados beneficios á conta da explotación de miles de traballadoras”.

 

Trátase de primeira acción visible que ten programa este sindicato, e o luns 21 de outubro ás 18:30 está prevista unha nova concentración no mesmo lugar.

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here