InicioCAMBREDetida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en...

Detida por levar xoias e diñeiro da casa na que limpaba en Cambre

Publicada o

Por editor

Axentes da Policía Nacional detiveron en Cambre a unha muller como suposta autora de varios delitos de roubo con forza, por subtraer diñeiro e xoias da vivenda dunha anciá, na que traballaba como limpadora.

Segundo informaron fontes policiais, a vítima, de idade avanzada, decatouse de que lle faltaba unha pulseira de ouro do seu domicilio e denunciou o roubo. Uns días máis tarde, ampliou a denuncia ao comprobar que tamén lle subtraeron 500 euros, o seu DNI, varios cartóns bancarios, outras xoias e reloxos.

As pescudas do Grupo de Investigación do Distrito Norte permitiron comprobar que a muller que traballaba eventualmente como limpadora no domicilio subtraera unhas chaves e que accedeu á vivenda en varias ocasións, cando a dona non estaba, aproveitando para levar eses efectos.

Igualmente, a Policía puido determinar que, nos días posteriores aos roubos, a sospeitosa vendera algunhas das xoias nunha casa de empeños. Finalmente, a muller foi detida o pasado 20 de novembro en Cambre, e as xoias recuperadas foron devoltas á súa lexítima propietaria.

ÚLTIMAS

Aquelarre de Trump e Netanyahu no San Xoán de Oleiros polo xenocidio en Gaza

O Concello de Oleiros anunciou que prepara unha falla para a noite de San...

A Coruña celebra a diversidade con Orgullo

Foi presentada esta mañá de venres a campaña municipal do Orgullo 2026, que se...

O luns comezan novos cortes polas obras en Alfonso Molina

Avanzan as obras estatais de renovación da Avenida Alfonso Molina na cidade da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here