InicioA CORUÑAO BNG abstense na votación das bases estratéxicas Coruña Marítima ante as...

O BNG abstense na votación das bases estratéxicas Coruña Marítima ante as “contradicións” sobre titularidade pública dos terreos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Aprobáronse esta mañá as liñas estratéxicas da reforma da Fachada Marítima do porto interior da Coruña. A Comisión Coruña Marítima daba luz verde a un Master Plan para afrontar un proxecto que levará décadas. Pero faciao coa abstención do BNG. O seu voceiro e edil Francisco Jorquera ve “luces e sombras” no documento das liñas estratéxicas, onde observa “contradicións no borrador do documento de bases estratéxicas”. Por iso principalmente abstivose alertando da “hipotética venda de activos portuarios para o pagamento dunha débeda que, do punto de vista do Bloque, debe ser condonada polo Estado, como a foi a de Valencia”.

As sombras

Para o BNG,  “é decisivo que ao longo dese proceso se manteña a titularidade pública dos espazos portuarios, se dea unha solución á débeda – evitando que se salde mediante a venda de activos- e se asegure a participación social durante o desenvolvemento das distintas fases”.
En todo caso, Jorquera pon o acento en que “estamos no inicio dun proceso que será longo e terá por diante aínda moitas etapas”.

Para o BNG, os convenios de 2004 -que prevían a venda de activos para financiar Punta Langosteira- deben darse “definitivamente por superados” e a solución á débeda do porto pola construción da dársena exterior “debe pasar pola súa condonación ou unha solución equivalente, evitando que se pretendan resolver os problemas financeiros do porto a través da venda de activos”.

Jorquera argumenta tamén a súa posición ambigua ante mantén “reservas e cautelas” ante o carácter “restrinxido” do concurso internacional que se vai convocar para a redacción do proxecto, o que dificulta a participación de persoas expertas da nosa cidade ante a comisión do concello que el preside.

O documento contempla a hipótese de dotar a futura fronte marítima de novos equipamentos, singularmente dun espazo multiusos cuberto de grande capacidade. A ese respecto, Jorquera entende que, dada a situación en que se achan o Pazo da Ópera, Fórum e outras moitas instalacións culturais, o que se impón é “coidar o que se ten antes de pensar en novos recintos”.

As “luces”

Polo bando contrario, o BNG recoñece aspectos positivos pois no documento si se recollen “propostas históricas” do BNG, entre elas o aproveitamento da infraestrutura ferroviaria para implantar servizos de proximidade, abordando deste xeito as necesidades de transporte a escala metropolitana.

Destacou igualmente creación de infraestruturas verdes para corrixir a baixa ratio de zonas verdes por habitante que hai na Coruña, ben como tamén actuacións que nos preparen fronte ás alteracións climáticas e a elevación do nivel do mar ou á renaturalización da desembocadura do Río Monelos.

Máis novas

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

ÚLTIMAS

A Coruña recibe o selo ‘Más Bici’ polo seu avance na mobilidade sostible

A Coruña vén de obter o selo 'Más Bici', un distintivo concedido por La...

A Xunta achega 55.000 unidades de ameixa babosa para reforzar os bancos marisqueiros da ría do Burgo

A Consellería do Mar continúa coas actuacións de apoio á recuperación dos bancos marisqueiros...

A CRMH leva ao Concello da Coruña ante a Fiscalía de Memoria Democrática

O Consello de Memoria Democrática (CMD) do Concello da Coruña do pasado mes de...

Carlos Callón, CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G recibiron os Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación

Continúa a Deputación facendo entrega da súa lista de premios ás mellores iniciativas da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here