InicioA CORUÑAA ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis...

A ordenanza que regulará as vivendas de uso turístico deixará a máis de 1.500 pisos en situación irregular

Publicada o

Por europapress

A situación do mercado de aluguer na cidade da Coruña segue a ser crítica pola alza incontenible de prezos en case todos os barrios. Cando xa 3 de 4 pisos ofertados son de uso turístico, o Concello vén de anunciar os avances da nova ordenanza reguladora das vivendas de uso turístico (VUT). 

A rexedora e o concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda explicaron que levarán a proposta saída da Mesa sectorial aberta o pasado mes de novembro á vindeira Xunta de Goberno e que pasará polo pleno o vindeiro mes de febreiro.

Recoñeceron que “a proliferación das VUT está a ter un impacto directo no mercado inmobiliario e, moi en especial, no alugueiro de vivendas”, “tanto por reducir a bolsa de inmobles dispoñibles na cidade como polo incremento dos prezos, que é evidente”.

Requisitos da ordenanza

Entre as principais conclusións da nova normativa, sinalaron que menos da metade cumprirían o contido da mesma das algo máis de 3.300 que se calcula hai. 
Recoñeceron que os servizos municipais verificaron que hai vivendas que estaban a ofrecer usos de VUT sen contar coa habilitación administrativa pertinente. Pero explicaron que darán un prazo de tres meses desde a entrada en vigor da ordenanza para que as persoas titulares de inmobles VUT poñan en orde ou obteñan a súa habilitación administrativa

Entre os requisitos aprobados na ordenanza é que “as VUT non poderán estar situadas nunha planta inmediata superior a unha vivenda”.
“Si se permitirá o seu emprazamento en plantas primeiras ou baixas, atendendo, iso si, ás especificidades do Plan xeral en ámbitos como o PEPRI, e tamén se permitirá implantar as VUT en edificios destinados a este tipo de usos en exclusiva”, concretou Francisco Díaz Gallego

Distritos saturados

O texto da nova ordenanza tamén estipula as pautas para declarar unha zona saturada de VUT, o que permitirá impedir a implantación de novas VUT en distritos afectados pola súa excesiva proliferación. Por exemplo, distritos censuais da cidade nos que o número de VUT sexa superior a 0,5 por cada 100 habitantes.

Nova vivenda

A alcaldesa puxo como argumento que “estamos a facilitar a construción de vivenda e de novos polígonos, a avanzar na rehabilitación de vivendas, mais coido que todas e todos somos conscientes de que tamén debemos regular as VUT”.

As 10 promocións urbanísticas formuladas na Coruña prevén a construción de 18.000 novas vivendas

Máis novas

3 de cada 4 vivendas que se ofertan na Coruña xa son de uso turístico

A Coruña crea a mesa sectorial de vivenda para avanzar na declaración de zona de mercado residencial tensionado

#Ninmedionormal, a campaña de @o.novo.normal.coruna pola Emerxencia Inmobiliaria

 

 

ÚLTIMAS

O PSOE presenta unha proposta de Orzamentos para 2025 que poderían depender dunha cuestión de confianza

Presentou esta mañá o grupo socialista o proxecto de Orzamentos de 2025. A pesar...

AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego cun concerto na Coruña de Leria e a Banda da Loba

O presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Pablo García Fernández, e o secretario...

Unha alumna de Oleiros, premiada polo seu traballo sobre a Constitución

O concurso 'Unha Constitución para todos' premiou a doce estudantes en distintas categorías e...

O PP lamenta que a proposta de orzamentos para 2025 inclúa a subida de impostos a pesar da baixa execución

Vén de presentar a proposta de novos orzamentos para 2025 o grupo socialista para...