InicioCULTURANCD, o primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia, abre fronteiras e...

NCD, o primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia, abre fronteiras e pon o colectivo trans no foco

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Presentouse onte no Teatro Colón a terceira edición do festival cinematográfico Norte Cinema Diverso, que se celebrará do xoves 20 ao sábado 22 de febreiro no propio teatro herculino.

O primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia volver ser unha plataforma para darlle visibilidade a colectivos menos favorecidos e a loitas sociais xustas, unha “ferramenta de transformación, compromiso e inclusión”, como sinalou o edil Gonzalo Castro.

Así, un día despois do 19 de febreiro, Día contra a LGTBIfobia no deporte (que conmemora á valentía de Justin Fashanu, primeiro xogador de fútbol de 1ª División en activo que se declarou publicamente gai), o fesstival arrinca coa curta española ‘Campeones’, que denuncia o silencio e ocultación dos homosexuais no fútbol masculino. Lembra que as instalacións deportivas e os campos de fútbol son un dos espazos nos que se producen máis delitos de odio relacionados coa LGTBIfobia. O deporte segue a ser un territorio hostil para o colectivo.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by NCD (@norte_cinema_diverso)

Programa

En total serán tres longametraxes e catorce curtametraxes, procedentes de España, Polonia, México, Francia, Portugal, Argentina, Ecuador e Galicia, representada con dúas obras.
Un xurado composto por cineastas e xornalistas elixirán a curta gañadora do premio Trini Falcés. Deste xeito, Norte Cinema Diverso reivindica o legado desta muller trans coruñesa que encabezou en 1977 a primeira manifestación do Orgullo en España, celebrada en Barcelona.

Fóra de concurso, proxectarase a curtametraxe ‘Memoria LGTBIQ+’, realizada pola asociación Palestra e producida polo Concello da Coruña.

Programa Norte Cinema Diverso 2025 copia

Obradoiro

Outra ferramenta de visibilización e de búsqueda de audiencias máis amplas e comprometidas é o obradoiro de cine con móbil. Este proxecto comezou en novembro e estes días están a rematar a montaxe da curtametraxe, que se poderá ver no Teatro Colón na xornada do sábado. A curta titúlase ‘Ela e eu’ e está baseada nunha obra de teatro do mesmo nome, realizada por escolares do colexio Andaina, e que denuncia o acoso que sofre unha rapaza da que se sospeita que é lesbiana. Máis de 30 cativos e cativas participaron na elaboración da curtametraxe.

NDC Educa e expansión ata Santa Comba

Coa idea de deslocalizarse e chegar a outros públicos fóra da capital, o festival xa ten levado, a través do proxecto NCD Educa, sesións de proxección e debate aos institutos de Oleiros, Arteixo e Cambre.

Desta volta abre un pouco máis as fronteiras, e celebrará o sábado 8 de febreiro unha xornada de cine e debate en Santa Comba, que incluirá a proxección da película ‘Te estoy amando locamente’ e un coloquio posterior coa participación dos codirectores do certame, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro.

Máis novas

ÚLTIMAS

O Corufest 2025 entrega o recoñecemento Samuel Luiz ao colectivo LGTBIQ+ Alas Coruña

O Corufest 2025, festival de artes escénicas pola diversidade afectivo sexual, entregou este venres...

Traballadoras das tendas de Inditex deron a “benvida” a Marta Ortega á tenda de Juan Florez

Coincidindo coa visita de Marta Ortega á conmemoración da apertura da primeira tenda de...

O “evento cidadán” da Comisión Coruña Marítima búrlase do significado de participación cidadá

Celebrouse esta mañá de venres 9 de maio, ás 9:30h no Espazo Avenida de...

A Xunta de Persoal do CHUAC denuncia a “pasividade” institucional ante agresións a sanitarios

A xunta de persoal da área Sanitaria da Coruña-Cee presentou un escrito ante o...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here