InicioA CORUÑAA Xunta deixa en suspenso a pasarela entre A Coruña e Oleiros...

A Xunta deixa en suspenso a pasarela entre A Coruña e Oleiros por falta dun “apoio claro” do concello coruñés

Publicada o

Por europapress

A Xunta decidiu aprazar a execución da senda litoral e pasarela entre A Coruña e Oleiros, en concreto entre a zona de Oza e Santa Cristina, ao considerar que non existe un “apoio claro” por parte do consistorio coruñés, despois de que o de Oleiros rexeitase o proxecto. Este, pola súa banda, esixiulle o investimento previsto, de oito millóns de euros.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, mantiveron este mediodía un novo encontro co concelleiro de Urbanismo e Mobilidade, Francisco Dinís Díaz.

Tras a mesma, Menéndez argumentou que o Goberno galego optou por aparcar o investimento “ante a falta dunha postura claramente favorable por parte do Concello da Coruña á senda litoral coa pasarela ata Santa Cristina”.

Faino asegurando que resolver a conexión peonil e ciclista a través da Ponte da Pasaxe corresponderíalle ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, como titular da infraestrutura.

Desde o consistorio, o concelleiro de Infraestruturas manifestou a súa “perplexidade” porque a Xunta “renuncie agora ao proxecto da pasarela cando o Concello da Coruña xa lle trasladou, por escrito e hoxe mesmo na reunión, que estaba de acordo coa construción dunha pasarela peonil”. Vincula a decisión adoptada coa ausencia de “interese” do Executivo galego de investir na cidade.

ÚLTIMAS

Dimite a concelleira de Infraestruturas e Mobilidade da Coruña por “motivos persoais”

A responsable de Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña, Noemí Díaz (PSOE), presentou...

En marcha a edición máis social e reivindicativa da historia do Viñetas do Atlántico

Xa está en marcha a 29ª edición do festival Viñetas desde o Atlántico, a...

A Coruña pedalea con Orgullo

Este sábado 27 de xuño, a partir das 11:00h partirá da Coiraza do Orzán,...

O Pasatempo vibra co Fumega Fest

O festival Fumega Fest ten todo a punto para dar comezo á súa segunda...