InicioA CORUÑAAMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa...

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A música galega contemporánea segue tomando escenarios. Ese venres 7 de febreiro, co gallo da celebración do Día dos Medios en Galego, LeriaA Banda da Loba invadiron un feudo mítico na cidade da Coruña: o Playa Club. Unha das salas eternas da cidade acollía o festival organizado pola Asociación de Medios en Galego (o XornaldaCoruña é parte da familia AMEGA), co financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para reivindicar o papel dos medios de comunicación no proceso de normalización lingüística.

AMEGA Leria A Banda da Loba e a SXPL no Dia dos Medios en Galego
Representantes da AMEGA e da Secretaria Xeral de Política Lingüística, coas artistas de Leria e A Banda da Loba celebrando no Playa o Día dos Medios en Galego

Así o deixou claro a frontwoman de Leria, reivindicando maior apoio para os medios en galego tanto das administracións como da sociedade, antes de comezar a facer bailar a todo o Playa cos seus son frescos e guitarreiros, acompañados cunha base moi firme no baixo e na batería. Despois de triunfar no Festival #Aquítaménsefalagalego, as Andrea López, Helena Barreiro, Itziar de Blas, Candela Avendaño e Mayra darán moito que falar de aquí a moi pouco tempo.

Somos Leria no Playa Club
Leria no Playa Club

En breve saltaron ao escenario as xa consagradas artistas da Banda da Loba. Andrea Porto, Estela Rodríguez, Inés Mirás, Marcela Porto e Xiana Lastra demostraron todo o seu potencial, e porque son unha das bandas referencia do panorama folk do país. Cunha marea de sons diversos e variados, e cun violín tan frenético como marabilloso, fixeron as delicias do público, e pecharon o concerto con todo un himno xa do país como o “Fabricando Luz”, o tema usado polo BNG na campaña das pasadas eleccións autonómicas.

A Banda da Loba no Playa Club polo Dia dos Medios en Galego
A Banda da Loba
A Banda da Loba e Leria no Playa Club polo Dia dos Medios en galego
A Banda da Loba e Leria remataron xuntas no escenario
A Banda da Loba no Playa Club con AMEGA
A Banda da Loba despedíndose

ÚLTIMAS

Denuncian o colapso en Urxencias do Chuac mentres a xerencia sinala “unha demanda superior á habitual”

CIG-Saúde alertou dun colapso en Urxencias do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) mentres...

O PP da Coruña reclama ao Goberno un plan ferroviario urxente e investimentos para Alvedro

O PP da Coruña reclamou ao Goberno central novas actuacións en materia de infraestruturas...

A Policía detén un home tras roubar con violencia 50 euros a unha muller de máis de 80 anos

Axentes da Policía Nacional detiveron este luns na Coruña un home acusado dun roubo...

A Cámara da Coruña reforza o apoio ás empresas galegas que buscan abrirse a novos mercados

A Cámara de Comercio da Coruña está a impulsar un servizo de asesoramento internacional...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here