InicioARTEIXOA cantareira arteixá Fransy lanza o seu novo proxecto en solitario

A cantareira arteixá Fransy lanza o seu novo proxecto en solitario

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A pandeireteira Fransy González (@fransygc) vén de dar un salto e estrea proxecto propio. A artista de Arteixo, cunha ampla carreira no mundo da música tradicional galega, vinculada a Xiradela e a traballos con outros artistas e xiras por distintos países como solista, lánzase en solitario presentando proxecto persoal, froito de décadas de experiencia como cantareira, e mestra de pandeireta e canto tradicional. Un proxecto “sinxelo, feito coa madurez que confiren os anos e a peito descuberto”.

”Manhe” é o título deste novo traballo con voz propia, acompañada por Pedro Lamas na composición e dirección musical, e conta con Rosalía Vázquez ao violochelo e con Antonio Romero Cienfuegos ao contrabaixo. O traballo foi gravado, mesturado e masterizado por Rubén Montes en Disquesi Studio, e o deseño é de Alba Pose.

O primeiro tema deste proxecto co que Fransy inicia un novo camiño na súa carreira musical chámase “Media leghua de camiño”. “Nin no mundo nin na terra” é o título do segundo tema deste traballo, que xa se poden escoitar en todas as plataformas dende o 19 de febreiro.

En amnas recollen coplas tradicionais aprendidas de María de Estevo de Soutullo. Erbecedo, Silván (Coristanco)

Máis novas musiqueiras

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

AMEGA, Leria e A Banda da Loba levaron o galego ao Playa Club

Guadi Galego e as Tanxugueiras lanzan o seu “Inconformismo”

Xa nas plataformas o novo sinxelo de De Ninghures

Amoebo lanza “Unha foto”, o seu novo sinxelo

 

ÚLTIMAS

O colectivo #Aquítaménsefala estoupa contra a indiferenza do Real Club Deportivo

Levan dous anos en clave positiva, mobilizando dende un centro de ensino público a...

Aparece o cadáver dun home flotando no mar ao norte da Torre de Hércules

Tráxico achádego nas augas da Coruña. Os servizos de urxencia recuperaron este venres o...

A necesidade dun marco financieiro para seguir mantendo as 54 vivendas para persoas en risco de exclusión social na Coruña

Temos falado no Xornal dos moi bos servizos de asistencia social máis básicos como...

O BOE publica a formalización das obras do Centro Oceanográfico da Coruña por 4,6 millóns de euros

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este venres o anuncio de formalización de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here