InicioCULTURAAs personaxes trans acaparan os repartos da segunda xornada do Norte Cinema...

As personaxes trans acaparan os repartos da segunda xornada do Norte Cinema Diverso

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Arrincou onte no Colón o Festival Norte Cinema Diverso, organizado pola asociación Palestra, a cinemateca Pedro Zerolo e o concello da Coruña, e coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Universidade da Coruña. O  primeiro festival LGTBQ+ de Galicia trae 17 títulos nestes 3 días de proxeccións e charlas.

Abrirá a sesión do tarde do venres, ás 19:00 horas, o documental Memoria LGTBI+, dirixido polos coruñeses Ana Sanmartín, Fito Ferreiro e Domingo D. Docampo. A necesidade de manter viva a memoria do colectivo levou ao equipo deste documental a entrevistar cinco persoas maiores. O resumo das conversas deu como resultado un traballo que este venres poderemos ver no Teatro Colón e que presentarán o equipo de dirección e os seus protagonistas.

Desde Arxentina chegan as curtametraxes Yenny e Ena. A primeira visibiliza a realidade da transexualidade na infancia e destaca a importancia da figura dos avós. Ena é unha historia que explora a identidade desde unha perspectiva interxeracional.

O foco volverá colocarse  sobre o colectivo transexual con Isleteñas, documental no que as tres protagonistas narran con humor, crueza e sensibilidade a persecución que sufriron na dictadura franquista.

Para a sesión nocturna, a partir das 21:00 horas, quedan a cinta polaca Kobieta Z… (Women of), a loita pola súa liberdade persoal e identidade dunha muller trans, casada e con fillos; e as curtametraxes españolas A la carta, un traballo que mostra a importancia da búsqueda da identidade de xénero, e Transición, sobre o abandono das persoas trans na terceira idade. Esta última está protagonizada pola canaria Celeste González, unha artista que debutou como actriz na compañía galega Matarile, coa que fixo dez espectáculos entre 2007 e 2023.

As entradas para cada sesión custan tres euros e pódense retirar en ataquilla.com ou no despacho de billetes ás portas do teatro.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by NCD (@norte_cinema_diverso)

Máis novas

Hoxe arrinca o festival Norte Cinema Diverso

O NCD Educa é “moi necesaria porque hai persoas que se ven oprimidas e necesitan que a súa realidade se normalice”

ÚLTIMAS

A mesta néboa obriga a desviar dous voos da Coruña a Vigo

Dúas aeronaves tiveron que ser desviadas do aeroporto da Coruña ao de Vigo debido,...

O Recorda Fest reúne na Coruña a Juan Magán, Hombres G e máis dunha vintena de artistas

A Coruña converterase esta fin de semana nun dos puntos de encontro da música...

A escritora estadounidense Fran Lebowitz conversará con Daniel Mendelsohn no centro MOP da Coruña

O centro MOP da Coruña acollerá unha nova cita das 'MOP Talk', que esta...

O PP aberto a falar dos orzamentos municipais fronte a un BNG que descarta pactos

O portavoz do grupo municipal do PP no Concello da Coruña, Miguel Lorenzo, ofreceu...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here