InicioDEPORTESA regular irregularidade do Depor

A regular irregularidade do Depor

Publicada o

Por Miguel Barreiro Bugallo
  • Xornada 28 – Deportivo 0 – 0 SD Huesca
  • Novo encontro sen vitoria en Riazor.
  • Décimo sexto encontro de Oscar Gilsanz como adestrador do Depor  (7V 5E 4D).

— — —

Pouca sorpresa o resultado de onte en Riazor, cun Depor que empéñase en non agasallar á súa afección con tardes de viño e rosas. Unha vez máis, e xa van dez encontros en Riazor, o equipo non é quen de sacar os tres puntos diante dos seus. Cinco derrotas e cinco empates supoñen 25 puntos que se esfumaron da casa onde solo sumáronse 17 puntos de local. Triste bagaxe no que parece unha das poucas notas de regularidade que amosa o equipo. Neste caso é nun aspecto negativo, pero non se poden ocultar á realidade competitiva deste Depor como local.

Cando semellaba que o equipo xa lle collía o pulso a xogar como local xusto no mellor momento da tempada despois do partido contra o Almería, onde amosou a súa mellor versión ofensiva e defensiva, onte volvía unha tarde habitual a Riazor. E todo isto únese a outra situación irregular que está vivindo o equipo nesta volta á Segunda División, o de non escapar da zona quente da clasificación. Se hai xusto dúas semanas falábamos de dez puntos de diferencia co descenso e se era posible mirar cara riba para pelexar por outro logros, a derrota de Elda e o empate de onte, acurtan a distancia a só cinco puntos co descenso e afastan a máis de once puntos o playoff de ascenso.

Se algo está a amosar o equipo neste ano é a súa capacidade de repetir as cousas negativas, destacando esa regular irregularidade nunha competición onde os logros pasan polos puntos de local e por unha competitividade nas saídas. Proba disto é que dos seis primeiros clasificados cinco deles son os mellores equipos locais da competición.

Ben faría o Depor en centrase no obxectivo primario deste ano, gañar cinco encontros, sumar cincuenta puntos e pensar noutras cousas nos meses seguintes. Vaia por diante que en marzo catro dos cinco rivais son da liga do Depor (Oviedo, Córdoba, Castellón, Cartagena e Racing de Ferrol), mais aínda cando dous deles están case sentenciados.

 

miguel barreiro

  • Miguel Barreiro Bugallo. Coruñés e deportivista no exilio mesetario. Sufrindo ó depor dende 1988. O que sei de fútbol, o Depor empéñase en negarmo. Firme defensor do fútbol de botas negras.

 

MÁIS CRÓNICAS DO DÉPOR DE MIGUEL BARREIRO

ÚLTIMAS

Resiste a Coruña a chegada de 5 cruceiros nun mesmo día?

As rúas do centro esta mañá estaban ateigadas. Máis de 14.000 turistas procedentes de...

Inés Rey acusa á Xunta de querer “torpedear” medidas a prol da vivenda na Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, acusou á Xunta de "torpedear" a...

O persoal do concesionario de Volkswagen Yáñez vai á folga

O cadro de persoal do grupo Yáñez secundou unas mobilizacións este martes ante a...

As traballadoras de Padre Rubinos tamén esixen un convenio digno

As traballadoras das residencias privadas de todo o país están secundando este martes a...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here