InicioBARRIOSOs traballador@s de Correos protagonizan unha "folga histórica"

Os traballador@s de Correos protagonizan unha “folga histórica”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Secundou a Coruña, de xeito maioritario, a folga xeral convocada en Correos para este 26 de febreiro. Unha xornada enmarcada nas mobilizacións que continuarán oo 5 de marzo nas provincias galegas, e que rematarán o 14 de marzo cunha nova convocatoria estatal.

Se o organismo oficial cifra nun 6,8% o seguemento da folga a nivel estatal, aquí, na Coruña,  os seguementos entre o persoal de reparto oscilarion entre o 100% e o 40%, calculando un segumento medio de máis dun 60%, coa meirande parte dos 200 carteiros e carteiras da cidade na casa, na manifestación ou sen facer reparto. A realidade é que os traballadores xa levan meses en loita pola carga de traballo que sofren ante a falta de reposición de persoal de baixa.

Correos de Os Castros en folga copia
Folga na oficina de Correos dos Castros

De “folga histórica” calificaba o delegado sindical da CGT, Xan Xove, a xornada durante a importante manifestación que partía do Obelisco ata a Oficina Principal de Correos na Marina, esixindo un “Convenio Digno”, despois de 11 anos de convenio caducado.

Xan Xove CGT na manifestacion de Correos
Xan Xove lanzando as arengas

A CGT, único sindicato que non asinou a final de ano un Acordo Macro presentado pola directiva da empresa pública (a maior de España), lamenta que o proceso de negociación non avance, sobre todo despois de que a directiva da entidade presentase un documento que pretende “reducir a masa salarial a un 70% en dous anos (actualmente está nun 90%) o que suporía de feito, unha redución do persoal de entre 8.000 e 10.000 postos de traballo segundo cálculos do sindicato convocante da folga”. Critican tamén “o plan de saídas voluntarias incentivadas para persoas traballadoras de máis de 61 anos, pero con incentivos económicos con máximo dun ano de salario, o que levará que os traballadores se vexan abocados a solicitar a xubilación voluntaria anticipada coa diminución que supón para a contía das súas pensións de xubilación”.

Manifestacion COrreos Obelisco

Concentracion Correos Coruna

Máis novas de Correos

5º día de folga do persoal de Correos da rúa Entrepeñas, e 20.000 cartas e 1.000 paquetes sen entregar

Os problemas de persoal de Correos saltan á rúa

ÚLTIMAS

“Traballo para Inditex e non chego a fin de mes”

Novas concentracións as celebradas no mediodía de onte xoves ás portas de Inditex, no...

Un sábado de Estudios Abertos para coñecer a arte que se crea na cidade

Este sábado, 10 de maio, poderás coñecer de primeira man os artistas coruñeses, os...

Un pleno máis tranquilo deu luz á situación de abandono do COF de Orillamar

Pleno máis tranquilo do habitual este xoves 8 de maio no Pazo de María...

Estes son os finalistas dos Premios Martín Códax da Música, os “grammy galegos”

Fixéronse públicos onte públicoss finalistas dos Premios Martín Códax da Música. As bodegas de...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here