Esta mañá, coincindo cun pleno no que o goberno municipal levaba unha proposta de modificación da Relación dos Postos de Traballo, un total de 70 traballadores públicos do Concello de Cambre secundaron a mobilización convocada pola CIG, CCOO, UGT e CSIF.
Foi a primeira de máis (o vindeiro xoves, volverán concentrarse ás portas do Concello) para denunciar as infrutuosas negociacións para mellorar as súas condicións laborais, Unhas condicións que “foron empeorando cada vez máis”, o que provocou que “unha bola que leva anos facéndose máis grande e que acaba de estalar. Rompemos o silencio cun Basta!”
Así o explica con rotundidade a representante dos traballadores Carmen Nieto, que lembra que “a Relación de Postos de Traballo, e polo tanto a valoración dos mesmos, e a organización do persoal do concello, son do ano 1999”, a pesar de que a día de hoxe conta con menos persoal e do aumento da poboación”, que medrou un 30% (de 17.075 en 1999 aos 24.781 actuais). “Temos que defender os nosos dereitos laborais, e os servizos públicos, para que os veciños e veciñas teñan un concello que funcione”, explicaban nunha carta que colocaron na porta do consistorio informando á veciñanza.
Os trabaladores explícan que a súa precariedade aumenta “pola escaseza extrema de persoal debido a fuxida de funcionarios e funcionarias deste concello a outras administracións nas que si poden exercer todos os seus dereitos, ás xubilacións e ás baixas, moitas delas por causas de saúde mental, vacantes que en moitos casos non se cubren en meses, as persoas que traballamos no concello de Cambre atopámonos nunha situación extrema que nos leva a pedir solucións urxentes”.
Critican que “leven anos sen cubrir as vacantes”, que “a carreira profesional non existe”, que “fai dous anos que non se realiza a vixiancia da saude obrigatoria por lei”, e que “non se atenden as nosas reivindicacións”. “En resumo, sentimos que non se nos escoita e que somos o último que importa para o goberno municipal”, critican.
A RTP rexeitada no Pleno
Precisamente durante o pleno desta mañá o grupo de goberno de Independentes por Cambre presentaba unha moción coa modificación da RPT. Unha moción que non comparten os traballadores, que pretendía “reforzar as áreas de Secretaría, Intervencióney Cultura con tres técnicos superiores A1”, pero que foi rexeitada polos tres grupos da oposición (PP, PSOE e BNG) foi a modificación da Ficha de Postos.