InicioBARRIOSCheo no martes entroideiro de Monte Alto

Cheo no martes entroideiro de Monte Alto

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Non se cabía este Martes de Entroido en Monte Alto, polas máis de 60.000 persoas asistiron aos festexos entre o Campo da Leña e o Campo de Marte. A rúa da Torre foi un auténtico fervedeiro de festa e imaxinación.

Un Martes Choqueiro se cadra algo menos choqueiros que antano, pero cuns disfraces cada vez máis traballados, sempre cun punto ácedo, e aderezado polos pasarrúas das comparsas que participaron no certame do sábado.

Entroido na rua da Torre chea
Así estaba a rúa da Torre

HOMENAXE Á PACA

A xornada festiva comezaba xa co vermú, colocando a placa no altar da rúa San José, a José Angel Gago, ‘La Paca’, como Choqueiro de Monte Alto 2025.
‘La Paca’ estivo acompañada por unha ampla representación das comparsas coruñesas, grandes impulsoras deste recoñecemento, rendendo tamén homenaxes a persoas moi ligadas a esta celebración, como Canzobre, Cantero ou Palau.

A Paca-Jose Gago Placa Monte Alto-Entroido
A Paca chea de amor

 

CONCURSOS

Os Churros no Concurso de disfraces de Grupos da Coruna

A carpa do Campo da Leña foi testemuña do axitado e concorrido concurso de disfraces, que

Concurso infantil de choqueiros. Modalidade individual:

  • Primeiro premio: María Pita (Catalina Guerra).
  • Primeiro premio: Caixa musical (Alma Rey).
  • Segundo premio: Churriño a la vista (Nico Hernández).
  • Segundo premio: Abuela (Manuel Dopico).
  • Terceiro premio: Aviador (Iván Mosqueira).
  • Terceiro premio: La muñeca de mis sueños (Daniela del Pozo).

Concurso infantil de choqueiros. Modalidade en grupo:

  • Primeiro premio: El carrusel de Mary Poppins.
  • Primeiro premio: Ángeles del viento.
  • Segundo premio: Feria Maravillas.
  • Segundo premio: Unha de churros!
  • Terceiro premio: Ferrero Rocher bombones.
  • Terceiro premio: Dulce tentación.

Concurso de choqueiros. Modalidade individual:

  • Primeiro premio: Viajera del tiempo.
  • Segundo premio: Penélope y yo.
  • Segundo premio: Bárbara Rey.
  • Segundo premio: Peluquería.
  • Terceiro premio: Ángel caído del cielo.
  • Terceiro premio: Pescados y mariscos Susa.
  • Terceiro premio: Inteligencia artificial.
  • Terceiro premio: Explosión primaveral.
  • Terceiro premio: Anubis.

Concurso de choqueiros. Modalidade en grupo:

  • Primeiro premio: Cofradía Papuda.
  • Segundo premio: Quincemil.
  • Segundo premio: Las señoras de San Amaro.
  • Terceiro premio: La pastelería.
  • Terceiro premio: Los revirados.
  • Terceiro premio: Los Bridgerton.

Máis novas do Entroido

Monte Alto tamén recupera o Entroido de Samede

Os Maracos xa teñen a súa lousa no Andar do Antroido da rúa da Torre

Os Malandros levaron o premio do Concurso de Comparsas do Antroido coruñento

Dicionario Antroideiro (I): Momento Coruñento

Dicionario antroideiro coruñés (II) A chistera marabillosa do señor Canzobre

ÚLTIMAS

Protestas en Gadis e Froiz pola paralización do convenio colectivo

Persoal do sector do comercio de alimentación da provincia da Coruña mobilizouse este sábado...

Xulgado na Coruña por unha presunta estafa de máis de 100.000 euros

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña celebrará o vindeiro martes, día 5,...

Rodrigo Cuevas convertiu o Coliseum nun cabaret de tradición e orgullo

En menuda viaxe a través das “panoyas” de millo meteu onte Rodrigo Cuevas a...

O luns comezará a retirada da duna de Riazor

O Concello comeza o vindeiro luns, 4 de maio, os traballos para retirar da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here