InicioSUCESOSCae unha banda de estafadores da Laracha que se aproveitaba de xente...

Cae unha banda de estafadores da Laracha que se aproveitaba de xente desempregada

Publicada o

Por editor

A Garda Civil de Milladoiro-Ames, no marco da Operación SAFAT, detivo a dúas persoas e investigado a outro tres por supostos delitos de estafa, usurpación de identidade, falsidade documental e branqueo de capitais. O grupo utilizaba documentación persoal que obtiñan de ofrecer falsas ofertas de traballo para abrir contas bancarias, cartóns de crédito e contratar préstamos.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, a operación desenvolveuse baixo a dirección do Xulgado de Instrución Nº 2 de Santiago de Compostela e permitiu esclarecer un total de 62 delitos, con vítimas en Galicia e o País Vasco.

A investigación iniciouse no ano 2022, cando unha veciña de Teo denunciou a apertura fraudulenta dunha conta bancaria ao seu nome. Tras analizar a documentación, os axentes comprobaron que se utilizou unha fotografía do seu DNI sen o seu consentimento para formalizar a operación.

A medida que avanzaban as pescudas, detectouse que os fondos obtidos de forma ilícita transferíanse a outras contas bancarias tamén abertas fraudulentamente mediante a usurpación de identidades. Cando as vítimas foron informadas da existencia destas contas, interpuxeron as correspondentes denuncias por usurpación de identidade.

DOUS MÉTODOS DE ESTAFA

Explican que o grupo criminal utilizaba principalmente dous métodos delituosos para obter beneficios económicos. Por unha banda, a apertura fraudulenta de contas bancarias, utilizadas para a contratación de cartóns de crédito coas que realizaban compras e retiraban diñeiro en efectivo; e por outra, solicitude de préstamos persoais a nome das vítimas, para o que falsificaban documentación, como nóminas e certificados de titularidade de contas bancarias. Nalgúns casos, os préstamos alcanzaban importes de ata 29.000 euros.

Para obter a documentación persoal dos afectados, a principal investigada ofrecía falsas ofertas de emprego, dirixidas a mozos da súa contorna próxima, amizades e familiares. Este engano permitíalle acceder aos seus documentos de identidade, que posteriormente eran utilizados para abrir contas, solicitar créditos e dar de alta liñas telefónicas empregadas na comisión dos delitos.

Como parte da investigación, levou a cabo unha entrada e rexistro no domicilio dos detidos en Laracha, onde se acharon documentación falsificada e cartóns SIM empregadas nas fraudes. Ata o momento, identificáronse un total de 62 vítimas, e constatouse que o beneficio obtido polos investigados supera os 350.000 euros. Aínda que a maioría dos afectados residen nas comarcas de Santiago de Compostela e Bergantiños, tamén se detectaron prexudicados en Pontevedra e o País Vasco.

ÚLTIMAS

O pub Neón reconvertido nun turreiro. O proxecto Pesquedellas repensa a foliada como retrato da mocidade galega

Reformular a foliada é algo que vén facendo a música galega contemporánea moi ben...

Jevaso, o “xigante textil” que crece por fóra pero se baleira por dentro

A de Jevaso é unha desas historias de "éxito empresarial" que nace ao amparo...

Máis dun milleiro de persoas asistiron ás actividades do festival internacional Animacción

Seis días de intensa actividade vivíronse no Forum Metropolitano no marco do Festival Internacional...

A RPT e os autónomos chegarán ao pleno coruñés con mocións de BNG e PP

Este xoves 6 de novembro volve haber pleno en María Pita, e os asuntos...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here