InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOPP e BNG demandan máis transparencia do goberno local para clarexar o...

PP e BNG demandan máis transparencia do goberno local para clarexar o acordo extraxudicial de Nostián

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Tralo anuncio do grupo de goberno da futura licitación do contrato da xestión da planta de Nostián, e mentres os traballadores seguen sufrindo a lamentable situación das instalacións, onte celebrabase a Comisión de Transparencia, presidida polo popular Roberto Rodíguez.

Con todo, os dous grupos da oposición denuncian a falta precisamente de “transparencia” do goberno municipal sobre o acordo extraxudicial que condona a débeda da actual concesionaria.

Dende o BNG, algo máis cautos, solicitan os s informes da asesoría xurídica e da intervención xeral do Concello. “Demandamos transparencia, que se nos explique que informes xurídicos e de índole económico avalan ese acordo extraxudicial. Son necesarios para formarmos unha opinión fundada sobre o asunto”, afirma Jorquera.

Máis crú foi o viceportavoz do Grupo Popular, e presidente da Comisión Roberto Rodríguez, denunciando que Lage Tuñas, “non presentou ningún motivo convincente que xustifique a decisión de non esperar a resolución xudicial sobre a cantidade reclamada á empresa que xestiona a planta de Nostián”, tras a sentenza firme que anula os pagos realizados entre o 2011 e o 2018 por un acordo do bipartito BNG-PSOE en 2011 e que foi declarado lesivo polo Goberno municipal do PP en 2015”.

O propio departamento xurídico, sinala Rodríguez, “recoñeceu na comisión que a decisión final de condonar os 7,3 millóns de euros á concesionaria é política e non xurídica, renunciando sen xustificación á firme defensa dos intereses dos coruñeses que levan anos privados dos cartos que pagaron á empresa sen necesidade de facelo”.
Rodríguez comparou a negociación como “o regateo nun mercado ou feira en lugar de esperar a unha decisión xudicial sobre a cantidade reclamada”, e criticou que haia “informes da Consellería de Medio Ambiente, asesoramento xurídico e intervención municipal dende febreiro de 2024 que avalan a reclamación íntegra”.

Máis novas

Os traballadores de Nostián: “Estamos co salario conxelado de 2012, e só se actualizarán cunha nova concesión”

A alcaldesa da Coruña, sobre o acordo extraxudicial de Nostián: “É bo e molesta que agora desbloqueemos isto”

Que opinan PP e BNG da condonación e licitación da xestión da planta de Nostián?

O Concello da Coruña licitará a xestión da planta de Nostián no segundo semestre do ano

 

ÚLTIMAS

Dous Combinados da AFAC e das Mariñas participarán nun Torneo Solidario no Fútbol da Costa

Acodía o presidentda Asociación de Clubs de Fútbol da Coruña (AFAC), Juan Vázquez, (Toño...

A Coruña acolle este sábado unha nova edición do programa solidario ‘A Radio Conta’

A Coruña acolle este sábado, día 27, unha nova edición do programa solidario 'A...

Máis de 200 persoas benefícianse dun programa da Asociación de Loita contra as Enfermidades do Ril na Coruña

Un total de 225 persoas con enfermidade renal crónica resultaron beneficiarias dun programa da...

O BNG esixe no Congreso garantir o funcionamento nocturno do aeroporto de Alvedro

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego rexistrou iniciativas para reclamar ao Goberno...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here