InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO“Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”

“Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O pleno deste xoves 13 de marzo vai ter, ademais dos Orzamentos, aprobados trala cuestión de confianza, un protagonista ambiental. O Concello da Coruña anunciaba o pasado luns que, despois de 5 anos co contrato prorrogado, que no segundo semestre do ano vai realizar a licitación da planta de Nostián. Unha prórroga forzosa que ademais leva caducada dende comezos de ano, e que provoca unha situación de emerxencia para os traballadores, que sofren a falta de investimentos e a devaluación dos seus soldos.

No eido mediombiental, é unha verdadeira mágoa que neste procedemento non estea participando a Plataforma Nostián con Futuro, pois despois de moitos meses de participacións en xuntanzas co Concello, anunciaba hai un ano que deixaba de participar pola “falta de transparencia” do Concello.

A Plataforma nacera coa polémica polo quinto contedor, (que aínda segue moi viva coas ameazas de multa da Consellería) e tiña como un dos alicerces á ADEGA, pero despois da rotura das xuntanzas coa Concelleria de Medio Ambiente, dirixida entón por Noemí Díaz, “foi perdendo forza, como lle pasa a moitos colectivos baseados no esforzo social”, recoñece Alexandre García Regueira, Coordinador de ADEGA na Coruña.

Alexandre recoñe que a nova da licitacion é positiva, pero lembra que ”levan anunciando que o plego vai saír dende hai máis dun ano. Porque xa en outubro de 2023, xa se falaba de que se ía a licitar, e o certo é que agora está fallido a prórroga do contrato”. De feito, en ADEGA, “non nos cremos nada porque van moitas promesas baleiras alá”.

García Regueira lamenta ademais a “cantidade de desinformación que hai sobre a mesa”, o que unida á falta de transparencia e de información fan que a entidade non queira opinar sobre a “condonación da débeda” ou “acordo extraxudicial” coa empresa actual, algo que si critica con moita forza o PP.

Con todo, o coordinador lembra que “o proxecto da planta de Nostián é un proxecto importante para toda o país, porque é diferente ao modelo SOGAMA, que se basea na incineración”. Pero avisa que “hai intereses económicos detrás da planta que opacan o importantes, que é dar un servizo que recupere e recile moitos materiais”.

Lembra que “Sempre pendulou sobre Nostián a sombra da incineración”, e cren que sería “un erro tremendo, porque desvirtuaría o sentido planta, e ademais podería provocar un problema de saúde na Coruña”. Esperan pois que o proceso se centre en que “a planta sexa eficaz, e que sexa un exemplo para toda Galicia, o lei motiv da súa creación tralo incidente de Bens, como modelo de xestión ecolóxico”.

Máis novas

A plataforma ‘Nostián con futuro’ cesa as súas reunións co Concello da Coruña por “falta de transparencia”

PP e BNG demandan máis transparencia do goberno local para clarexar o acordo extraxudicial de Nostián

A alcaldesa da Coruña, sobre o acordo extraxudicial de Nostián: “É bo e molesta que agora desbloqueemos isto”

O Concello da Coruña licitará a xestión da planta de Nostián no segundo semestre do ano

O contrato do lixo segue orfo

ÚLTIMAS

Os educadores do Programa Lecer consideran unha “falta de respecto” a falta da empresa e do Concello na primeira conciliación

Novo fito do conflito do Programa de Lecer. Mentres pasan as semanas e os...

EscapeMotor, o espazo radiofónico máis potente da provincia faise na CUAC FM

Cada xoves, ás 23:00h, as ondas da 103.4FM CUACFM acenden o motor. Xurxo Varela...

Un incendio nunha casa en Oleiros deixa ferida a unha menor tras quedar atrapada coa súa familia

Un incendio declarado este sábado nunha vivenda unifamiliar en Oleiros deixou ferida a unha menor...

O BNG abre a porta a unha moción de censura en Cambre contra o goberno do PP

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Cambre, Dani Carballada, asegurou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here