InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIOA plataforma 'Nostián con futuro' cesa as súas reunións co Concello da...

A plataforma ‘Nostián con futuro’ cesa as súas reunións co Concello da Coruña por “falta de transparencia”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

A Plataforma pola reciclaxe “Nostián con futuro” vén de anunciar que cesa as súas xuntanzas co Concello da Coruña tras ter realizado varias reunións durante os últimos meses.

A Plataforma que se constituíu en oposición ao quinto contedor de residuos e que está composta por diversas organizacións veciñais, ecoloxistas e sindicais, tivo diversas reunións coa concelleira de Medio Ambiente, Noemí Díaz, e a súa equipa técnica dende principios deste 2024. Estas reunións procuraban crear sinerxias de colaboración entre as dúas entidades.

Porén, despois de moita espera, de 4 reunións en 5 meses, a entidade rompe relacións co Concello ao non ter feito a administración ningunha achega de documentación á plataforma e polas súas reiteradas contradicións nas súas comunicacións.
Así llo transmitiu á Concellería de Medio Ambiente na última xuntanza celebrada o pasado venres, 10 de maio, sinalando que non volverá a reunirse mentres non con se concrete cal é o seu plan para a planta de Nostián.

Xornadas formativas

No marco destas xuntanzas téñense dado algúns avances, como o acordo de non aumentar o número de contedores nas rúas, ou a participación da propia concelleira nas Xornadas sobre residuos “Nostián con Futuro” que organizou a Plataforma. Nestes encontros participaron tamén outras entidades como o Adjuntament de Barcelona, ou a Fundació ENT, e nelas analizáronse diversos modelos de xestión integral de residuos, ademais de facerse propostas concretas para a planta de Nostián.

Plataforma “Nostián con Futuro”

A Plataforma “Nostián con Futuro” é un colectivo que está constituído actualmente polas seguintes entidades: Asociación ecoloxista ADEGA, Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán, Asociación de vecinos Atochas, Monte Alto y Torre de Hércules, Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros, Asociación de Vecinos Os Rexumeiros – Castro de Elviña, Asociación de Vecinos Los Rosales, Asociación de Vecinos Monte Martelo, Asociación Vecinos Orzán-Pescadería, Confederación Intersindical Galega, Asociación Vecinal para el Desarrollo Económico y Social – Elviña 2 Fases, Asociación de Vecinos Novo Centro de Matogrande, Asociación Francisco Rodríguez Otero de Labañou-San Roque e Cidade Escolar e Comisión Aberta en Defensa do Común.

ÚLTIMAS

Folga no comercio téxtil de A Coruña contra un convenio estatal con peores condicións

Os sindicatos CIG e UXT convocaron para este mércores, día 10, unha folga no...

Inés Rey pide a dimisión de Diego Calvo por usar a violencia machista para facer política

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, pediu a dimisión do conselleiro de Presidencia, Xustiza...

Unha visita ao espazo de adopción de animais abandonados de Bens

Xa trouxemos a semana pasada unha guía sobre tenencia responsable de animais nesta, a...

A rede feminista municipalista AKAFEM continúa este mércores o seu cuclo de conversas abertas

Está desenvolvendo neste de nadal a rede feminista municipalista AKAFEM uns interesantes faladoiros na...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here