InicioA CORUÑAA Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres...

A Comisión Coruña Marítima invita á cidadanía a participar en 5 talleres formativos abertos

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Unha vez aberta a web de recolida de propostas no marco do proceso de participación de Coruña Marítima (xa se recolleron 40 propostas), o proxecto continúa abríndose á cidadanía coa celebración a partir da vindeira semana, de cinco talleres temáticos para recabar ideas sobre o
futuro do Porto e da cidade.

A Comisión Coruña Marítima (integrada polo Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, Puertos del Estado, ADIF e a Autoridade Portuaria), invita aos cidadáns a participar nestas sesións para recabar opinións sobre o que necesitan o porto e a cidade do futuro.

Citas que contarán coa participación de expertos e entidades especializadas nesas materias, os cinco talleres estarán abertos ao público en xeral. Non é necesario apuntarse previamente.

Os 5 talleres abertos

  • O primeiro celebrarase no Palacio de Exposiciones e Congresos de A Coruña (Palexco) o vindeiro martes 25 de marzo ás 17:00 da tarde, con entrada libre ata completar aforo. Versará sobre “Economía e Innovación”.
  • O seguinte taller será o mércores 26 de marzo, no centro Hi Coruña, ás 17 horas,
    e abordará a temática “Mobilidade e transporte”.
  • Despois, os días 1, 2 e 3 de abril, tamén ás 17:00 horas, nestes casos no Palexco, terán lugar os últimos talleres, que tratarán sobre as seguintes áreas: “Equipamento e Usos” (1 de abril), “Actividade Portuaria” (2 de abril) e “Ecoloxía, Medio Ambiente, Auga e Enerxía” (3 de abril).

 

Máis novas sobre o proxecto

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

Solicitan a inclusión de máis información na web de Coruña Marítima

Recibidas unha vintena de propostas para o deseño da fachada marítima

 

ÚLTIMAS

A Xunta ameaza con usar os fondos estatais de vivenda en proxectos propios se o concello non cede parcelas

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas amosou a súa disposición a entregar...

A Coruña e o milagre dos pisos desaparecidos

Na cidade hai miles de persoas buscando casa, administracións buscando culpables e políticos buscando...

Encarna Rodríguez Barca, nova subdelegada do Goberno na Coruña

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, reuniuse este mércores coa nova subdelegada...

Investigan a agresión ao director dun instituto de Oleiros por parte do familiar dun alumno

A Garda Civil investiga a suposta agresión ao director do IES Neira Vilas, situado...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here